O grupo de xira en Nova Orleans, 2018. De esquerda a dereita están: Murr, Joe, Q e Sal.
Impractical Jokers (en España e Hispanoamérica Bromistas Improvisados) é unha serie estadounidense de cámara oculta emitida en Hispanoamérica por TruTV, e en España por Neox. Estreouse en TruTV o 15 de decembro de 2011 nos Estados Unidos.
O grupo consta de catro amigos, Salvatore Vulcano (Sal), James Murray (Murr), Joseph Gatto (Joe) e Brian Quinn (Q), que traballan para a compañía The Tenderloins, onde se obrigan entre si a facerse bromas en público. Xeralmente, mentres un dos integrantes se humilla, os outros tres dinlle que facer e que dicir a través dun auricular oculto. Cada desafío ten unha meta, e quen non a logre, perde. Ademais, teñen outras dinámicas, como tentar facerse rir entre eles, ou intentar sabotarse uns aos outros.
Ao final, quen xunte máis derrotas debe facer un castigo que decidirán o resto de integrantes.
En España estreouse o 23 de setembro de 2013 en Neox. Ademais, hai unha versión española chamada Sinvergüenzas, que transmitiuse por primeira vez o 25 de novembro de 2014.