Implantes de polipropileno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maxi Mounds é unha das modelos eróticas con implantes de polipropileno

Os implantes de polipropileno son un tipo de implantes mamarios desenvolvidos polo cirurxián Gerald W. Johnson[1] que, por causa das súas complicacións médicas, foron prohibidos en 2001 na Unión Europea e nos Estados Unidos ao pouco do seu lanzamento.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O procedemento[1][2] consiste en inserir nos peitos unha bolsa cunhas fibras de polipropileno, xeralmente sobre o músculo, que irritan os tecidos da mama e fan que esta xere un fluído corporal que absorbe nunha cantidade baixa, apenas o 0,01% ao día. Isto provoca un crecemento continuado do peito que só se pode deter extraíndo as fibras de polipropileno. Ademais, outros inconvenientes son que os peitos poden medrar a ritmos diferentes e ás veces é preciso realizar drenaxes para paliar un aumento desmesurado. Porén, o aumento realízase con fluídos naturais da propia persoa, polo que se evita ter no corpo unha gran cantidade substancias alleas ao organismo, como ocorreria no caso de pretender alcanzar ese tamaño con outro tipo de implantes. Alén diso, diversas usuarias que xa probaran outro tipo de prótesis mamarias expuxeron que os implantes de polipropileno causan unha sensación máis natural no corpo do que os implantes de silicona[1].

Así, os resultados deste procedemento tornáronse nos maiores aumentos de peito nunca rexistrados cunha soa operación, e foron descritos como unha expansión “extrema, case do tamaño dos debuxos animados”[2]. Por estes motivos, este tipo de implantes foron usados principalmente no eido da pornografia, especialmente por aquelas modelos incluídas na categoría de big-bust models ou de peitos grandes. As modelos que recoñeceron ter estes implantes son Chelsea Charms, Teddi Barrett, Maxi Mounds, Kayla Kleevage, Minka, Elizabeth Starr, Melonie Charm e Mistress Rhiannon[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]