Saltar ao contido

Imperio de Kanem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imperio de Kanem
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
700 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1376 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substituído por
Imperio Kanem-Bornu (século XI - 1900) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Bañado por
 Conca hidrográfica
 Capital
Anjimi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/02qwnmx Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Imperio de Kanem, ou, despois, Imperio de Bornu, existía en áreas que agora forman parte de Nixeria, Níxer, Camerún, Libia e Chad. Foi coñecido polos xeógrafos árabes como o Imperio Kanem desde o século VIII e durou como o reino independente de Bornu (o Imperio Bornu ) ata 1900.[1]

O Imperio Kanem (c. 7001380) situouse nos países actuais de Chad, Nixeria e Libia.[2] No seu apoxeo, abranguía non só a maior parte do Chad senón tamén partes do sur de Libia ( Fezán ) e o leste de Níxer, o nordeste de Nixeria e o norte de Camerún. O Imperio Bornu (década de 13801893) foi un estado no que hoxe é o nordeste de Nixeria, que co tempo chegou a ser aínda máis grande que Kanem, incorporando áreas que hoxe son partes do Chad, Níxer e Camerún.[3]

A historia temperá do imperio coñécese principalmente pola Crónica Real, ou Girgam, descuberta en 1851 polo viaxeiro alemán Heinrich Barth. Os réximes sucesores serían, o emirato de Borno e o emirato de Dikwa, establecéndose ao redor de 1900; os que inda existen hoxe en día como estados dentro de Nixeria.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

  1. "Empire of Kanem-Bornu (ca. 9th century-1900)". blackpast.org. Consultado o 2022.
  2. "Kanem-Bornu". britannica.com. Consultado o 2014.
  3. "The Encyclopedia of empire". Choice Reviews Online 53 (12). 2016. ISSN 0009-4978. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2023. Consultado o 08 de abril de 2024.