Imaxe de Épinal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panel indicando a dirección da Imagerie d'Épinal

As imaxes de Épinal foron estampas de temática popular e vivas cores que se produciron en Francia durante o século XIX. O seu nome deriva do da primeira empresa que as lanzou, "Imagerie d'Épinal". Esta fora fundada en 1796 por Jean-Charles Pellerin, un nativo da cidade francesa de Épinal.

Co paso de tempo, a expresión adquiriu un sentido figurado en francés, designando unha visión tradicionalista e naíf das cousas que se decanta unicamente polo seu lado bo.

As "imaxes de Épinal" difundíronse amplamente noutros países. Leváronse a cabo edicións en castelán e tiveron unha grande influencia na produción de aucas.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Fabricación[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]