Saltar ao contido

Ilves (special hockey)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilves
Fundación2023
Cidade Tampere,
Pirkanmaa
Finlandia Finlandia
CoresVerde, amarelo, negro e branco
                       
Seccións activas do
Ilves
Floorball Fútbol
(masculino)
Fútbol
(feminino)
Fútbol sala
(masculino)
Fútbol sala
(feminino)
Hóckey sobre xeo
(feminino)
Ringette Hóckey sobre xeo (masculino) Special hockey
Parahockey

O Ilves Special Hockey é un equipo de special hockey da cidade de Tampere, Finlandia. O equipo foi fundado en xaneiro de 2023 e é parte do club polideportivo do mesmo nome.

O impulsor desta actividade foi Tommi Lundgren, quen traballaba con nenos, nenas, mozos e mozas con diversidade funcional intelectual, e que anos antes xa organizara unha activiadade similar cos Ässät de Pori. Pola súa banda, a directora do equipo, Tanja Lundgren, traballaba como profesional de benestar infantil, ademais de ser directora do Centro de Apoio Familiar de Kissanmaa.[1]

O equipo fundouse en xanero de 2023 e o día 2 de febreiro realizou os seus primeiros adestramentos.[2] A pesar de presentarse a actividade como unha proba, en outono de 2023 conseguiu consolidarse con máis de vinte participantes de entre 5 e 25 anos dirixidos por Tommi Lundgren na pista de Sentteri, no barrio de Kaukajärvi.[1]

O equipo organiza partidos e torneos contra outros equipos do país, como Ässät, TPS, Lukko ou Kärpät.[1][2]

Participantes

[editar | editar a fonte]

O equipo realiza actividades con nenos, nenas, mozos e mozas de entre 5 e 25 anos con diversidade funcional intelectual, TDA-H, síndrome de Asperger, discapacidade auditiva, con necesidades de apoio psicosocial ou motor, ou con órtese de pé, entre outras.[1]

  1. 1 2 3 4 Eskelinen, Päivi (13 de novembro de 2023). "Ilves lisää jääkiekon yhdenvertaisuutta: ”kiekko kuuluu kaikille”". Tampereen Kauppakamari Lehti (en finés). Consultado o 13 de xullo de 2025.
  2. 1 2 "Special Hockey". Ilves Murisee (Aamulehti) (en finés). outono de 2023. pp. 18–19.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]