Iluminación en fotografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lago de Pokhara, Nepal. As nubes impiden O paso da luz solar.

A iluminación en fotografía é o conxunto de técnicas, posicións, equipos e sistemas que se usan para realizar unha fotografía. Emprégase para iluminar unha escena ou un suxeito ben sexa na fotografía, o cine ou a televisión. É, polo tanto, a base da fotografía, o cine e o vídeo e, quizais, sexa sexa o factor de maior importancia na arte fotográfica pois, sen luz non existiría imaxe a retratar; experimentariamos o "negro".[1] Daquela, a iluminación consiste en dirixir e facer rebotar a luz cara a un obxecto coa intención de retratalo[2] polo que o dominio correcto da luz é fundamental para conseguir o resultado desexado.

A luz pode provir do propio Sol ou de diversos tipos de focos que crean diferentes tipos de luz.

Fontes de luz[editar | editar a fonte]

Efecto de ollos vermellos provocado por luz de flash

Calquera obxecto capaz de emitir luz pode iluminar unha escena. Non obstante, os máis usados ​​son:

  • A luz solar, na que o sol é a fonte de luz. Tamén se di luz natural e úsase a miúdo na fotografía ao aire libre. A principal vantaxe é que non require investimento e ilumina grandes espazos. Por outra banda, ao longo do día varía e as condicións meteorolóxicas cambiantes fan que non sexa posíbel regular a cantidade de luz.
  • Un foco continuo, é dicir, luz artificial que permanece acendido durante longos períodos. Dentro deste tipo hai lámpadas frías que non cambian a temperatura cando se acenden, como as lámpadas fluorescentes ou lámpadas quentes como lámpadas halóxenas ou Volframio. Deben ser manipuladas con coidado polo risco de incendios.
  • Unha luz estroboscópica ou de curta duración, como un flash. Tamén é artificial, pero a diferenza da luz continua, emite só fraccións de segundo. As fotos con flash poden producir efectos de ollo vermello pola incidencia da luz nos vasos sanguíneos do fondo da retina (ou doutra cor nalgúns animais), que se pode reducir ou eliminar de varias maneiras (ollando previamente unha fonte de luz, con edición dixital, ou por mecanismos que moitas cámaras xa levan incorporados).
Vista lateral da cabeza dun foco de luz
A modelo foi iluminada desde a esquerda con luz estroboscópica (flash). A luz do flash ten unha tonalidade cálida por un filtro laranxa, para combinar co solpor.

Ambas, luz natural e artificial son compatíbeis e complementarias (pódese usar unha como luz principal e a outra como luz de recheo). A principal vantaxe da artificial é a capacidade para cambiar a súa dirección, cor e intensidade. Non obstante, require algúns coñecementos técnicos e custos máis elevados. Outras fontes de luz inclúen candeas, lóstregos, fogos, a luz da lúa, do ceo e das estrelas, faíscas, lume (de fogueiras, incendios, fósforos) ou mesmo seres bioluminiscentes coma os vagalumes, xa que o sensor da cámara é sensíbel a luces moi tenues.

Unha iluminación básica consiste no uso de tres luces: principal, recheo e contra.

  • Luz principal: é a fonte máis potente, a de máis intensidade e fixa a colocación das demais.
  • Luz de recheo: Sitúase ó lado contrario da luz principal e serve para disimular as sombras producidas pola principal.
  • Luz contra: crea un halo detrás do elemento a fotografar e isto axuda a darlle volume separándoo do fondo.

Se queremos que o fondo non quede moi escuro podemos iluminalo cunha luz suave, para que non desvíe a mirada do obxecto protagonista da fotografía.

Escena iluminada con luz solar que provoca un efecto de contraluz nas vivendas.

Escala de realismo[editar | editar a fonte]

Cada esquema de iluminación produce un efecto diferente sobre o suxeito en relación co nivel de "realismo" da iluminación. A luz máis real é a iluminación natural e, en consecuencia, luz solar. Este efecto tamén se pode conseguir coa luz artificial, cando imitan a luz do Sol. Neste caso, hai unha única fonte de luz principal que ilumina o suxeito desde arriba e, ocasionalmente, desde o lado. A iluminación naturista segue os cánones de pintura clásica sobre a luz e consiste nunha representación da luz natural pero non fiel a ela, sendo capaz de crear atmosfera e carácter grazas ao uso de varias fontes de luz e reflectores.

A iluminación abstracta considérase realista porque o suxeito é facilmente recoñecible, pero debido á luz, a súa cor, forma ou estrutura modificáronse.[3] Unha técnica común para crear un efecto abstracto é retroiluminación. A iluminación irreal vén dada por unha distribución antinatural da iluminación. Crea tensión na imaxe, dá a impresión de deformar o suxeito ou incluso fantasmal. É a iluminación menos realista pero ao mesmo tempo dá espazo aberto á creatividade do usuario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Iluminación fotográfica". fotonostra.com (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021. 
  2. "¿QUE ES LA LUZ?,TIPOS DE LUZ Y TIPOS DE LUMINOSIDAD EN FOTOGRAFIA.". jazz1993.wordpress.com (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021. 
  3. "Los tipos de iluminación de estudio". fotonostra.com (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.