Ilse Koch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ilse Koch
Ilse Koch.png
Ilse Koch
Nome completoMargarete Ilse Köhler
Nacemento22 de setembro de 1906
 Dresden, Saxoania, Imperio Alemán Imperio Alemán
Falecemento1 de setembro de 1967 (60 anos)
 Aichach, República Federal de Alemaña República Federal Alemá
CausaEnforcamento
NacionalidadeAlemá
Ocupacióntorturador e concentration camp guard
CónxuxeKarl-Otto Koch
(1936-1945, a súa morte)
editar datos en Wikidata ]

Ilse Koch, nada como Margarete Ilse Köhler o 22 de setembro de 1906 e finada o 1 de setembro de 1967, foi a muller de Karl-Otto Koch, comandante do campos de concentración nazis de Buchenwald (1937–1941) e Majdanek (1941–1943). En 1947, converteuse nunha das principais personalidades nazis en seren xulgadas Forzas Armadas estadounidenses.

Despois do seu xuízo recibiu a atención dos medios internacionais, xa que os superviventes das súas accións describiron os abusos que realizaba ós prisioneisos como especialmente sádicos, e a imaxe dela como "a asasina do campo de concentración" estivo presente na sociedade alemá da posguerra.[1] Foi acusada de tomar recordos da pel dos corpos dos mortos que presentaban tatuaxes, aínda que estas reclamacións foron rexeitadas en ámbolos xuízos. Era coñecida como "A bruxa de Buchenwald" (Die Hexe von Buchenwald) por mor da súa crueldade e lascivia cara ós prisioneiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Przyrembel, A. (outubro de 2001). "Transfixed by an Image: Ilse Koch, the 'Kommandeuse of Buchenwald'". German History (Blackwell Publishing Ltd.) 19 (3): 369–99. ISSN 1477-089X. doi:10.1191/026635501680193915. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Massimiliano, Livi (2008). "Ilse Koch". En Pugliese, Elizabeth; Hufford, Larry. War Crimes and Trials: A Historical Encyclopedia, from 1850 to the Present. Santa Barbara: ABC-CLIO. ISBN 9781576078907. 
  • Gutman, Israel, ed. (1995). Encyclopedia of the Holocaust. Macmillan. pp. 809–810. ISBN 9780028645285.