Illas Tiwi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illas Tiwi
Ratuati Irara ("dúas illas")
Atol
Datos
País Australia Australia
Mar Entre o Mar de Timor e o Mar de Arafura, Océano Índico
Illa principal Illa Melville
Linguas
Poboación (agosto 2011) 2.579 hab.
Densidade 0´31 hab/km²
Superficie 8.320 km²
Nº de illas 11
Coordenadas 11°36′S 130°49′L / -11.600, -130.817Coordenadas: 11°36′S 130°49′L / -11.600, -130.817
Maior Altura
Capital
Localización
O arquipélago atópase ao norte do territorio

As Illas Tiwi forman parte do Territorio do Norte, Australia, 80 km. ao norte de Darwin, onde o Mar de Arafura, Únese ao Mar de Timor. Comprende a illa Melville, a illa Bathurst, e nove illas deshabitadas máis pequenas, cun área combinada de 8.320 km².

Habitadas antes da colonización europea polo pobo Tiwi, aproximadamente 3.000 persoas habitan nas illas.

O Tiwi Land Council é un dos catro land councils do Territorio do Norte. É un órgano representativo con autoridade estatutaria baixo a Lei de Dereitos de Terras Aboríxenes (Territorio do Norte) de 1976 e ten responsabilidades baixo a Native Title Act 1993 e a Pastoral Land Act 1992.

Xeografía e poboación[editar | editar a fonte]

Transbordador de coches das illas de Tiwi, 2011

As illas de Tiwi atópanse 80 km ao norte da parte continental australiana no mar de Arafura, e son parte do Territorio do Norte[1] O grupo de illas consiste en dúas grandes illas habitadas (Melville e Bathurst), e nove illas máis pequenas deshabitadas (Buchanan, Harris, Seagull, Karslake, Irritutu, Clift, Turiturina, Matingalia and Nodlaw).[2] A illa de Bathurst é a quinta illa máis grande de Australia e accesible por mar ou polo aeroporto da illa de Bathurst.[3] A illa Melville é a segunda illa máis grande de Australia (logo de Tasmania).[4]

As illas principais están separadas polo estreito de Apsley, que conecta a Saint Asaph Bay no norte e Shoal Bay no sur e ten entre 550 metros e 5 Km de ancho por 62 km de longo. Na desembocadura de Shoal Bay atópase a illa Buchanan, cunha superficie de aproximadamente 3 km². Un transbordador de coches no punto máis estreito proporciona unha conexión rápida entre as dúas illas.

Postes de enterramento tradicionais, Tiwi Islands, 2005.

Están habitadas polo pobo Tiwi, como o estaban desde antes do asentamento europeo en Australia. O pobo de Tiwi é un pobo indíxena australiano, cultural e lingüísticamente distinto dos de Arnhem Land no continente xusto alén do auga. En 2011, a poboación total das illas era de 2.579, dos cales o 87´9% eran aboríxenes.[5] A maioría dos residentes falan o idioma Tiwi como lingua materna e inglés como segunda lingua.[6] A maioría da poboación vive en Wurrumiyanga (coñecido como Nguiu ata 2010) na illa Barthurst, e Pirlangimpi (tamén coñecido como Garden Point) e Milikapiti (tamén coñecido como Snake Bay) na illa Melville. Wurrumiyanga ten unha poboación de preto de 1.500 habitantes, os outros dous centros ao redor de 450 cada un.[7]

Existen outros asentamentos máis pequenos, como Wurankuwu (Ranku) Community na parte occidental da illa Bathurst.[8]

Historia[editar | editar a fonte]

Os indíxenas australianos ocuparon as illas Tiwi durante séculos, con historias de creación que suxiren que estaban presentes polo menos 7.000 anos antes do presente.[9] Os isleños de Tiwi tiñan contacto con comerciantes de Macasar,[10] E o primeiro rexistro histórico de contacto entre os isleños indíxenas e os exploradores occidentais foi cos holandeses "baixo o mando do Comandante Maarten Van Delft que mandaba tres naves, o Nieuw Holland, o Waijer, e o Vosschenbosch, en Shark Bay na illa de Melville na que desembarcou o 30 de abril de 1705".[9] Houbo outras visitas de exploradores e navegantes nos séculos XVII, XVIII e XIX, incluíndo o holandés Pieter Pieterszoon, o francés Nicholas Baudin e o británico Philip Parker King.[11]

Nguiu igrexa católica en 2005

O primeiro asentamento europeo nas illas foi en Fort Dundas, preto da actual Pirlangimpi na illa de Melville. Establecido en setembro de 1824, este foi o primeiro asentamento británico no norte de Australia, pero debido en parte á hostilidade da poboación indíxena durou só cinco anos, sendo abandonado en 1829.[11] Como, "o primeiro intento de asentamento europeo e militar en calquera parte do norte de Australia", o sitio aparece no Australia's Register of the National Estate.[12] Francis Xavier Gsell estableceu unha misión católica en 1911,[10][13] As illas foron proclamadas unha reserva aborixe en 1912. Unha igrexa da madeira construída nos anos 30 é un fito prominente en Wurrumiyanga. A misión católica tivo impactos positivos, como o acceso a servizos de educación e benestar, pero tamén efectos negativos como a supresión da lingua e cultura aboríxenes.[14] O control das illas transferíuse aos propietarios tradicionais indíxenas a través do Tiwi Aboriginal Land Trust, e o Tiwi Land Council, fundado en 1978.[9][15] En 2001 creouse un goberno local, cando os consellos de goberno comunitario anteriores nas tres comunidades principais de Wurrumiyanga (Illa Bathurst), Pirlangimpi e Milikapiti (Illa Melville) fusionáronse coa Wurankuwu Aboriginal Corporation para formar un goberno local único.[16]

O Tiwi Islands Local Government substituíuse en 2008 polo Tiwi Islands Shire Council como parte dunha reestruturación do goberno local a nivel do Territorio do Norte.[17]

Medio ambiente, conservación e uso da terra[editar | editar a fonte]

O clima e a xeografía extrema das illas proporcionalle unha vexetación distintiva e uns valores especiais de conservación:

Debido ao seu illamento e debido a que teñen unhas precipitacións extremadamente altas, as illas Tiwi acollen moitas especies non rexistradas noutras partes do Territorio do Norte (nin no mundo), e algunhas especies endémicas. As Illas Tiwi conteñen os bosques de eucalipto máis desenvolvidos do Territorio (máis altos e con maior superficie) e unha densidade e extensión de selvas tropicais excepcionalmente alta.[3]

Clima[editar | editar a fonte]

As illas Tiwi teñen un clima monzónico tropical, con 2000 mm de choiva no norte da illa Bathurst e 1200 a 1400 mm no leste da illa Melville.[18] A tempada de choivas de novembro a abril trae ás illas a maior precipitación do Territorio do Norte. Os habitantes de Tiwi describen tres estaciones distintas: a seca (estación de fume), a acumulación (humidade alta e os cantos das cigarras) e a húmida (tormentas). As estacións enmarcan o estilo de vida do pobo Tiwi, dictando as fontes de alimentos dispoñibles e as súas actividades cerimoniais.[19]


Datos climáticos para Milikapiti (Melville Island)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 37,2 36,2 36,6 37,3 36,7 36,0 36,0 36,1 36,3 37,2 37,2 36,8 37,3
Media máxima en °C 32,0 32,0 32,3 33,5 32,9 31,5 31,1 32,0 33,0 33,7 33,8 32,9 32,6
Media mínima en °C 23,8 23,7 23,7 22,8 21,2 19,1 18,4 20,0 21,7 23,3 24,0 23,9 22,1
Temperatura mínima en °C 19,4 19,4 20,6 17,8 15,0 13,3 10,6 14,7 17,2 17,8 21,1 21,3 10,6
Chuvia media mm 298,5 295,2 317,8 102,3 67,4 5,9 0,9 4,5 5,9 51,2 121,9 282,8 1 554,3
Media de días con chuvia (≥ 0.2mm) 17,8 16,2 17,1 8,1 3,6 0,9 0,4 0,6 0,9 4,1 10,3 14,6 94,6
Fonte: Bureau of Meteorology[20]


Datos climáticos para Cape Fourcroy (Bathurst Island)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 34,3 34,7 33,7 35,0 34,0 33,0 33,2 34,0 35,2 36,3 35,9 35,3 36,3
Media máxima en °C 31,6 31,5 31,6 32,1 31,2 29,4 29,8 30,7 31,9 32,8 33,0 32,4 31,5
Media mínima en °C 25,8 25,6 24,9 23,6 21,2 18,7 18,5 18,8 21,4 23,8 25,0 25,5 22,7
Temperatura mínima en °C 21,8 21,9 20,0 16,5 12,0 8,2 9,9 11,9 12,6 18,8 21,4 22,0 8,2
Chuvia media mm 343,4 280,4 220,5 144,0 31,1 7,2 0,3 0,5 11,0 67,4 119,6 308,5 1 533,9
Media de días con chuvia (≥ 0.2mm) 19,2 15,6 15,8 11,1 4,2 1,6 0,4 0,8 1,9 6,4 10,3 16,3 103,6
Fonte: Bureau of Meteorology[21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bathurst Island.About Australia". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2009. Consultado o 03 de agosto de 2017. 
  2. Morris, John (2003). "Continuing "assimilation"? A shifting identity for the Tiwi – 1919 to the present". University of Ballarat. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Sites of Conservation Significance: Tiwi Islands" (PDF). Northern Territory Department of Natural Resources, Environment, the Arts and Sport. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de setembro de 2009. Consultado o 2009-05-27. 
  4. "Education:geoscience basics: islands". Geoscience Australia. 2009. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2009. Consultado o 2009-05-27. 
  5. "Census QuickStats: Tiwi Islands". Australian Bureau of Statistics. 2011-08-09. Consultado o 2012-09-05. 
  6. Barker, Anne (2003-09-26). "Tiwi Islands School Wins English Literacy Award". ABC Stateline. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2016. Consultado o 2009-05-27. 
  7. "Tiwi Islands Shire Council Business Plan 2008–2009" (PDF). Tiwi Islands Shire Council. xullo 2008. Consultado o 2009-05-27. 
  8. "Welcome to the Wurankuwu Community Online Information Directory". Ranku Store. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2009. Consultado o 2009-05-27.  |deadurl= e |urlmorta= redundantes (Axuda)
  9. 9,0 9,1 9,2 "Tiwi Land Council: History". Tiwi Land Council. 2008. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2007. Consultado o 2008-08-27. 
  10. 10,0 10,1 Squires, Nick (2005-07-16). "Aborigines' island life". BBC News. Consultado o 2009-05-27. 
  11. 11,0 11,1 Forrest, Peter (1995). The Tiwi Meet the Dutch: The First European Contacts (PDF). Tiwi Land Council. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xuño de 2005. Consultado o 04 de agosto de 2017. 
  12. Modelo:Cite AHD
  13. J. Franklin, O misioneiro con 150 esposas Arquivado 02 de outubro de 2013 en Wayback Machine., Quadrant 56 (7/8) (July/Aug 2012), 30–32.
  14. "Foreign settlement". Tiwi Art. 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2013. Consultado o 20 de novembro de 2013. 
  15. Tiwi Land Council. "Regional Profile" (PDF). Tiwi Islands Regional Natural Resource Management Strategy. Tiwi Land Council. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de febreiro de 2013. Consultado o 20 de novembro de 2013. 
  16. Tiwi Islands Local Government (xullo 2002). "Tiwi Islands Local Government, Submission to Inquiry into Local Government and Cost Shifting" (PDF). House of Representatives Standing Committee on Economics, Finance and Public Administration. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de agosto de 2008. Consultado o 2009-05-27. 
  17. Elliot McAdam (Minister for Local Government) (2007-08-22). "Local Government Changes Introduced". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2008. Consultado o 2009-05-27. 
  18. "Tiwi Islands Regional Natural Resource Management Strategy – Tiwi Physical Profile" (PDF). Tiwi Land Council. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xaneiro de 2016. Consultado o 2018-05-19. 
  19. [1] Arquivado 17 June 2011 en Wayback Machine.
  20. Modelo:BoM Aust stats
  21. Modelo:BoM Aust stats

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]