Saltar ao contido

Illas Sverdrup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas Sverdrup
Imaxe
Tipogrupo de illas Editar o valor en Wikidata
EpónimoOtto Sverdrup Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Árticas do Canadá
Illas da Raíña Isabel Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNunavut, Canadá Editar o valor en Wikidata
Mapa
 78°30′N 95°00′O / 78.5, -95
Bañado porOcéano Ártico Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Altitude2.211 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico Outlook (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.920 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie66.000 km² Editar o valor en Wikidata

As illas Sverdrup son un arquipélago do grupo das illas da Raíña Isabel, que á súa vez forman parte do arquipélago ártico canadense, localizado ao norte das illas da Raíña Isabel, que pertence integramente ao territorio de Nunavut, Canadá.

Este grupo de illas recibe o seu nome en honra ao explorador noruegués Otto Sverdrup, que explorou e cartografiou as illas entre 1898 e 1902, co barco Fram, aínda que algunhas foran previamente habitadas polos inuit.

Sverdrup reclamou as illas para Noruega, pero o goberno noruegués non mostrou interese en proseguir coa súa demanda ata 1928. Nese momento, o goberno noruegués expuxo a demanda, principalmente para utilizar as illas como moeda de cambio nas negociacións co Reino Unido sobre o estatuto doutras illas árticas, Jan Mayen e illa Bouvet. O 11 de novembro de 1930 Noruega recoñeceu a soberanía canadense sobre as illas Sverdrup.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O grupo de illas atópanse ao oeste da grande illa Ellesmere, a uns 82°N e 95°O. As principais illas do grupo son a illa Axel Heiberg, illa de Amund Ringnes, e a illa Ellef Ringnes, e o arquipélago tamén inclúe un número indeterminado de pequenas illas nas augas que o rodean.

Os únicos asentamentos nas illas son Isachsen (unha antiga estación de persoal, ocupada entre 1948 e 1978) na illa de Ellef Ringnes e Mc Gill Arctic Research Station, na illa de Axel Heiberg, unha estación estival de investigación.

Principais illas

[editar | editar a fonte]
IllaPicoAltitude m.Área km²Lugar CanadáLugar Mundo
Axel HeibergPico Outlook221143178732
Illa Ellef Ringnes...260112951669
Illa de Amund Ringnes...265525525111
Illa Meighen...30095550337
Illa King ChristianKing Christian Mountain16564560420
Illa Stor...50031387...
SverdrupPico Outlook221166000--

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]