Illas Raevski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 16°45′S 144°13′O / -16.750, -144.217

As illas Raevski, Raeffsky, ou Raéffski, son un grupo de tres atois pequenos no centro das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Os tres atois son: Hiti, Tepoto e Tuanake. Administrativamente depende de Katiu, comuna asociada á comuna de Makemo.

  • Hiti. É un atol con forma de ovo de 1,5 km² de superficie total, cunha lagoa sen ningún paso navegable. Está deshabitado. Foi descuberto en 1820 por Bellinghausen.
  • Tepoto Sur. É un atol ovalado de 3 km de longo e 2,4 km de ancho, cunha superficie total de 0,6 km². É o atol máis pequeno da Polinesia Francesa. Está situado a 20 km ao suroeste de Hiti. A lagoa interior dispón dun paso navegable. Está deshabitado, e é visitado ocasionalmente desde os atois veciños para pescar e colectar cocos. Foi descuberto en 1768, por Louis Antoine de Bougainville. Unha lenda explica que o ouro roubado nunha igrexa do Perú enterrouse neste atol. Chámase Sur para distinguilo de Tepoto Norte, unha das illas da Decepción.
  • Tuanake. É un atol situado a 20 km ao suroeste de Makemo e a 20 km ao norte de Tepoto. É un atol circular de 7 km de diámetro, cunha superficie total de 14 km². A lagoa interior dispón dun paso navegable. Está deshabitado e é visitado ocasionalmente para colleitar copra. O atol é sorprendentemente moi boscoso. Foi descuberto en 1820 por Fabian Bellinghausen.
Vista desde satélite. De norte a sur: Tuanake, Hiti e Tepoto Sur. No extremo, Katiu.