Illas Príncipe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illas Príncipe

As illas Príncipe son unha cadea de nove illas na costa de Estambul, Turquía, no Mar de Mármara. A máis grande das illas é Büyükada.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante o período bizantino, príncipes e outros membros da realeza eran exiliados a estas illas, dándolles así o seu nome actual. Durante o século XIX as illas convertéronse nun centro de riqueza para Estambul. Da época vitoriana aínda se conservan casiñas de campo na máis grande das illas Príncipe, Büyükada.

Na actualidade, as illas son un popular destino turístico para unha excursión dun día, vía ferry, dende Estambul. Os vehículos motorizados están prohibidos na maior parte das illas. Os visitantes exploran as illas a pé, en bicicleta, en carruaxes tiradas por cabalos, ou ao lombo de burros.

Un convento en Büyükada foi o lugar de exilio das emperatrices bizantinas Irene, Eufrosine, Zoe e Ana Dalasena. Lev Trotski pasou asi mesmo algún tempo en Büyükada.