Saltar ao contido

Illante eléctrico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illante cerámico.

Un illante eléctrico, tamén chamado illador,[1] é un material que non permite facilmente o fluxo de electricidade a través dunha corrente eléctrica. Os materiais que se usan normalmente para illar inclúen caucho, plástico e vidro. En transformadores e motores eléctricos úsase verniz. Nalgúns interruptores úsanse gases illantes como o hexafluoruro de xofre. Os arames, cables ou fíos que transportan correntes eléctricas adoitan estar illados para que a electricidade vaia ao lugar correcto.

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo "Illante" e o verbo illar derivan da palabra illa, e poden referirse a cousas que illan, ao material ou a algo feito deses materiais, como a cinta illante. En galego reintegracionista e portugués o termo que se usa é "isolante", derivado tamén de insula (illa) como o castelán (aislante), e a través do italiano ou do latín medieval insulatus pasou tamén a outras linguas como o inglés.[2]

O tipo de illante dependerá dos usos. Os illantes teñen alta resistividade eléctrica e baixa condutividade. Os illantes evitan a perda de corrente e fan que a corrente sexa máis eficiente concentrando o fluxo.[3]

Composición

[editar | editar a fonte]

Están feitos de diversos materiais moi pouco ou nada condutores da electricidade, como: vidro, silicona, caucho, plástico, aceite, madeira, algodón seco, cuarzo, cerámica, etc.[4]

Dispositivos illantes

[editar | editar a fonte]

A transmisión de enerxía eléctrica usa tres tipos de illantes aéreos: illante de pin, illante de suspensión e illante de tensión.

  • O illante pin (en portugués isolador de tipo pino, en inglés pin insulator) é o illante máis antigo desenvolvido. Os illantes tipo pin poden ter até tres partes, dependendo da cantidade de tensión.[5]
  • O illante da suspensión é para tensións superiores a 33KV. Múltiples illantes están conectados en serie.[6]
  • O illante de tensión é o mesmo que un illante de suspensión pero úsase horizontalmente, mentres que o illante de suspensión úsase verticalmente. O illante de tensión úsase para aliviar a tensión excesiva da liña, que ocorre cando hai un camiño sen saída ou unha curva pronunciada.[7]
  1. "illante". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-07. 
  2. "isolate". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2025-01-07. 
  3. "What are Electrical Insulators?". About Mechanics (en inglés). Consultado o 2025-01-07. 
  4. Ring, Jessica (2017-04-24). "What Are Insulators?". Sciencing (en inglés). Consultado o 2025-01-07. 
  5. "Types of Insulators in Transmission Lines". electrical4u.com (en inglés). 2024-06-26. Consultado o 2025-01-07. 
  6. "High Voltage Power Transmission Line Insulators and their Types". Electrical Power Energy (en inglés). 2014-05-24. Consultado o 2025-01-07. 
  7. "Insulgas". home.earthlink.net. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]