Illa de El Sujeto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Illa do Sujeto»)

Coordenadas: 37°40′10″N 0°44′24″O / 37.669525, -0.739933

Vista da illa El Sujeto.

El Sujeto é unha illa española situada ao sur de La Manga del Mar Menor (Murcia), a medio quilómetro de terra e cunha superficie de 2'4 hectáreas. É a máis baixa e chaira das illas do Mar Menor e forma, xunto coa Illa de El Ciervo e a Illa Rondella un grupiño diferenciado das demais, por situarse moi próximas á Manga e no seu parte máis meridional. Carece de construcións, e está declarada paisaxe protexida.