Illa do Castril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Illa do Castril, tamén coñecida como As Lastras de Pechón, é unha illa española situada na península de Pechón (delimitada polas rías de Tina Menor e Tina Maior, en Cantabria xa límite con Asturias). Trátase dun illote de 1'3 hectáreas, pedregosa e sen vexetación, rodeada de arrecife e cara á que se proxecta un tómbolo areento moi estreito que só nas maiores baixamares chega a unila a terra firme.