Illa de Zvërnec

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°31′N 19°24′L / 40.517, -19.400

Vista da illa dende a ponte.

A illa de Zvërnec (en albanés: Ishulli i Zvërnecit)[1] é unha illa dentro da lagoa de Narta, no sur de Albania.[1]

A illa está case toda cuberta de altos piñeiros e atópase ó leste doutra illa moito máis pequena. Mide 430 m de longo e ten unha anchura máxima de 300 m. Zvërnec está conectada ó continente por unha ponte de madeira de 270 m de longo.

A illa é unha atracción turística, xa que contén o ben conservado mosteiro bizantino de Zvërnec, do século XIII ó XIV.[2] Preto da illa atópase a vila que leva o mesmo nome.

Mosteiro de Zvërnec[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]