Santo Estefano é unha pequena illa de Italia localizada no mar Tirreno fronte á costa entre Lacio e Campania e forma parte das illas Ponziane. Como o resto do arquipélago, a illa ten orixe volcánica e ten unha forma circular de menos de 500 metros de diámetro e unha extensión de preto de 27 hectáreas. Atópase a tan só dous quilómetros da illa de Ventotene da cal depende administrativamente.
No período romano a illa tivo diferentes nomes, entre eles Partenope (do grego Παρθενόπη), Palmosa, Dommo Stephane e Borca, e foi escasamente poboada. Os cantís escarpados, de feito, sempre fixeron o desembarco difícil, só é posible en 4 puntos, accesibles en función dos ventos.
Polo momento a illa está deshabitada e é de propiedade privada, pero pódese visitar cos barcos locais. Atópase a uns 2km ao leste de Ventotene, da que depende administrativamente. O único edificio na illa é unha prisión ("edificio circular") con 99 celas, construída durante o período borbónico entre 1794 e 1795 por Fernando IV e usada ata 1965.