Saltar ao contido

Illa de Gigha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla de Gigha
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deHébridas Interiores Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaHébridas Interiores Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaArgyll and Bute, Reino Unido e Gigha and Cara, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 55°41′00″N 5°45′00″O / 55.683333333333, -5.75
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións2,5 (ancho) × 9,5 (lonxitude) km
Superficie1.395 ha Editar o valor en Wikidata
Actividade
PropietarioIsle of Gigha Heritage Trust (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

A illa de Gigha (en escocés: Giogha) é unha pequena illa do grupo das Hébridas Interiores, localizada fronte á costa oeste de Kintyre, Escocia.

O nome da illa procede de Gudey (en nórdico antigo: "illa boa" ou "illa de Deus"). A illa mide 9,5 km de longo, cunha anchura máxima de 2,5 km, ocupando unha superficie de 1,8 km².[1]

Administración e demografía

[editar | editar a fonte]

A illa de Gigha forma parte de Argyll e Bute e alberga unha poboación de 150 persoas.

A illa alcanzou o seu máximo de poboación no século XVIII, situándose por encima dos 700 habitantes, pero o seu número diminuíu drasticamente nos anos 60 até as cifras actuais.[2]

As praias xemelgas de Eilean Garbh, en Gigha.

A illa de Gigha presenta unha paisaxe natural variada, con bosques, prados, outeiros e praias de area branca. A combinación de terras fértiles e augas claras crea hábitats diversos para a fauna, como aves mariñas, aguias e lontras.[3]

Turismo e cultura

[editar | editar a fonte]

Gigha é un destino orientado ao turismo activo e cultural. Na illa pódense realizar actividades como sendeirismo, ciclismo e piragüismo, ademais de contar con instalacións recreativas como circuítos de karts.

No eido cultural, ofrécense visitas guiadas para coñecer a historia e tradicións locais, hai un museo e unha galería de arte que divulgan aspectos da vida, a arte e o patrimonio insular.[3]

  1. Murray, W.H. (1977) The Companion Guide to the West Highlands of Scotland. Londres. Collins.
  2. Ross, J. (13-10-2006) Island of opportunity welcomes a population explosion. Edimburgo. No xornal The Scotsman.
  3. 3,0 3,1 "Descubre el turismo en la Isla de Gigha, Escocia: ¡una experiencia única!". TURISMOESCOCIA.COM (en castelán). 2024-01-02. Consultado o 2025-12-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]