Illa da Revolución de Outubro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Tipo | illa | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Revolución de Outubro | ||||
| Parte de | Terra do Norte | ||||
| Localización | |||||
| Continente | Asia | ||||
| División administrativa | Krai de Krasnoiarsk, Rusia | ||||
| Localización | Océano Ártico | ||||
| |||||
| Bañado por | Mar de Kara e Mar de Laptev | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 965 m | ||||
| Dimensións | 99 ( | ||||
| Superficie | 14.204 km² | ||||
| Historia | |||||
| Data de descuberta ou invención | 1913 | ||||
A illa da Revolución de Outubro (en ruso остров Октябрьской Революции, óstrov Oktiàbrskoi Revoliútsii) é a principal do arquipélago ruso da Terra do Norte, no Ártico, situada entre as illas Komsomólets e Pioner ó norte e a illa Bolxevique o sur.
Foi explorada por primeira vez pola expedición de Gueorgui Uixàkov e Nikolai Urvantsev (1930-1932), que foron quen lle deron este nome en honor da Revolución Rusa. Segundo un decreto aprobado o 1 de decembro de 2006 polo extinto goberno rexional de Taimiria, a illa foi renomeada illa de Santa Alexandra (остров Святой Александры, óstrov Sviatoi Aleksandri) en honor da tsarina Alexandra, asasinada durante a revolución bolxevique.
Ten unha superficie estimada de 14.170 km², é a 59 máis grande do mundo. O punto máis alto é o monte Karpinski, de 965 m. A metade da illa esta cuberta por glaciares que desembocan no mar. Nas partes libres de xeo, a vexetación é de tipo desértico ou de tundra.
A illa da Revolución de Outubro ten cinco glaciares principais: Rusánov, Karpinski, Universitetski, Vavílov e Albánov, e o de Maliutka, máis pequeno. De 1974 a 1988, na parte norte do glaciar Vavílov funcionou unha estación meteorolóxica. Entre os glaciares discorren diversos ríos, o principal dos cales é o Bolxaia, en dirección noroeste.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa da Revolución de Outubro |
