Illa Whakaari / White
| Tipo | illa volcánica | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Nova Zelandia | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Rexión da Baía de Plenty, Nova Zelandia | ||||
| |||||
| Bañado por | Baía de Plenty (pt) | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 321 m | ||||
| Prominencia topográfica | 321 m | ||||
| Dimensións | 2,2 ( | ||||
| Punto máis alto | Ngātoro Peak (en) | ||||
| Superficie | 3,25 km² | ||||
| Historia | |||||
| Cronoloxía | |||||
| 9 de decembro de 2019 | 2019 Whakaari / White Island eruption (en) | ||||

A illa Whakaari / White é un activo estratovolcán de andesita que se atopa a 48 km ó leste da costa da Illa Norte de Nova Zelandia, na Baía de Plenty. É o volcán cónico máis activo de Nova Zelandia e a illa creouse por mor da continua actividade volcánica por máis de 150 000 anos.[1] As localidades costeiras máis achegadas son Whakatāne e Tauranga. A illa Whakaari / White permaneceu nun proceso constante de liberación de gas volcánico cando menos dende que James Cook a divisou en 1769.
A illa ten unha forma circular, de 2 km de diámetro, e álzase a unha altura de 321 metros por enriba do nivel do mar. Abrangue unha área de arredor de 325 hectáreas.[2] A parte da illa que asoma pola superficie da auga é só o cumio dunha gran montaña submarina, que mide 1600 metros dende o leito mariño.
Na illa houbo minaría de xofre e dez mineiros morreron en 1914 cando parte do muro do cráter colapsou. As principais actividades da illa son o turismo e a investigación científica. Unha grande erupción produciuse durante unha visita turística o 9 de decembro de 2019, que provocou a morte de cinco persoas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ GeoNet (ed.). "White Island". Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ Scheffel, Richard L.; Wernet, Susan J., eds. (1980). Natural Wonders of the World. Estados Unidos de América: Reader's Digest Association, Inc. pp. 412. ISBN 978-0-89577-087-5.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Whakaari / White |
