Illa Unimak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unimak
Unimax
Vista da illa
Localización da illa
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoAlasca Alasca
ArquipélagoIllas Aleutianas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas54°46′N 164°08′O / 54.767, -164.133Coordenadas: 54°46′N 164°08′O / 54.767, -164.133
Xeografía
Superficie4.069´9 km²
Longura máxima95 km.
Largura máxima116 km.
Punto máis alto2.857 m. Monte Shishaldin
Demografía
CapitalFalse Pass
Poboación64 hab. (2000)
Densidade0´02 hab./km²

A Illa Unimak (Unimax en Aleut) é a illa máis grande das illas Aleutianas no estado de Alasca. É a illa máis oriental das illas Aleutianas, cunha superficie de 4.069´9 quilómetros cadrados, nela atópase o Monte Shishaldin, un dos dez volcáns máis activos do mundo. Segundo o Oficina do Censo dos Estados Unidos, no ano 2.000 vivían 64 persoas en Unimak, todos eles na cidade de False Pass no extremo oriental da illa.

Unimak ten un conxunto relativamente diverso de mamíferos terrestres, incluíndo oso pardos e caribús. Ao oeste de Unimak, o mamífero nativo máis grande das Aleutianas é o raposo vermello.

O Faro de Cabo Scotch foi construído en 1905 e era controlado pola Garda Costeira dos Estados Unidos. O 1 de abril de 1946, durante o terremoto de 1946 das illas Aleutianas, o faro foi golpeado por un tsunami. A pesar de que o faro estaba a 30 metros sobre o mar, o faro deslizouse no mar, matando a cinco gardacostas.