Illa Tablas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Tablas
Osigan
Mapa do arquipélago
Situación
País Filipinas
ProvinciaRomblón
ArquipélagoVisayas
MarMar de Sibuyan, océano Pacífico
Coordenadas12°24′19″N 122°3′51″L / 12.40528, -122.06417Coordenadas: 12°24′19″N 122°3′51″L / 12.40528, -122.06417
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie839´156 km²
Longura máxima65 km.
Largura máxima18 km.
Punto máis alto665 m. Monte Payaopao
Demografía
CapitalOdiongan
Poboación164.012 hab (1 de agosto de 2015)

Tablas é a máis grande das illas que compoñen a provincia de Romblón en Filipinas. O nome da illa é de orixe española. Antes da colonización de Filipinas, Tablas era coñecida como a Illa de Osigan. No momento do contacto cos occidentais, "Osigan" tiña unha poboación de douscentos cincuenta habitantes que vivían en pequenas aldeas. Nesta illa producíase cera.[1]

Odiongan, na costa oeste central da illa, é un porto importante e o municipio máis grande de Romblón en termos de poboación. Tablas está administrativamente subdividida nos concellos de Alcantara, Calatrava, Ferrol, Looc, Odiongan, San Agustín, San Andres, Santa Fe, e Santa Maria.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa atópase ao redor de 50 km ao leste da parte meridional da illa de Mindoro. O extremo norte de Tablas está preto de 12 km da illa Romblón. O monte Payaopao (tamén coñecido como Tablas Summit) no extremo nordés da illa, é o pico máis alto da illa con 665 m. e o segundo máis alto da provincia (logo do Monte Guiting-Guiting).[2][3]

Non hai un bo porto natural agás Baía Looc, unha gran hendidura no lado oeste, pero pódese atopar un ancoradoiro protexido a ambos os dous lados da illa, de acordo coa estación do ano.[4]

Punta Cabalian, a extremidade meridional da illa de Tablas, é baixa e areosa e difícil distinguir na noite, construíuse un faro durante o período colonial americano.

Turismo[editar | editar a fonte]

Monte Payaopao
Fervenza Mainit

Debido á escasa comercialización Tablas viuse pouco afectado polo turismo e aínda ofrece unha forte experiencia cultural tradicional de Filipinas. Con todo, os aloxamentos e os complexos turísticos están dispoñibles ao redor da illa.[5]

Imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miguel de Loarca, Relacion de las Yslas Filipinas (Arevalo: June 1782) in BLAIR, Emma Helen & ROBERTSON, James Alexander, eds. (1903). The Philippine Islands, 1493–1803. Volume 05 of 55 (1582–1583). Historical introduction and additional notes by Edward Gaylord BOURNE. Cleveland, Ohio: Arthur H. Clark Company. ISBN 978-0554259598. OCLC 769945704."Exploracións dos primeiros navegantes, descricións das illas e os seus pobos, a súa historia e rexistros das misións católicas, como se relata nos libros contemporáneos e manuscritos, mostrando as condicións políticas, económicas, comerciais e relixiosas desas illas desde as súas primeiras relacións coas nacións europeas a principios do século XIX. ", p. 73.
  2. "Romblon Map - U.S. Corps of Engineer". University of Texas in Austin Library. Retrieved on 2011-06-05.
  3. Mancuyas, Mario M. (2003-02-21). "San Agustin" Arquivado 25 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. Sanrokan News Magazine. Retrieved on 2011-06-05.
  4. U.S. Coast and Geodetic Survey. "United States Coast Pilot, Philippine Islands, Part 1", p.186. Washington Government Printing Office, 1919.
  5. "Romblon Province Tablas Island Hotel & Resort Accommodations" Arquivado 10 de xullo de 2017 en Wayback Machine.. Romblon Province, Marble Country of the Philippines. Retrieved on 2011-06-05.