Illa Sibiryakov
| Illa Sibiryakov | |
|---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa | |
| Situación | |
| País | |
| Mar | Mar de Kara |
| Coordenadas | 72°54′00″N 79°11′00″L / 72.90000, -79.18333Coordenadas: 72°54′00″N 79°11′00″L / 72.90000, -79.18333 |
| Xeografía | |
| Superficie | 846´7 km² |
| Longura máxima | 38 km. |
| Largura máxima | 27 km. |
| Punto máis alto | 33 m. |
| Distancia a terra | 35 km. |
| Demografía | |
| Poboación | Deshabitada |
A illa Sibiriakov (ruso: Остров Сибирякова, Óstrov Sibiriakova), tamén coñecida como illa Kuzkin (Кузькин остров), é unha illa duns 847 km². A súa lonxitude é de 38 e km e o seu largo máximo de 27 km. Cóbrese con vexetación de tundra. A illa está no mar de Kara, no extremo norte do esteiro do río Yeniséi, a 35 km da costa máis próxima.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
Esta illa recibe o seu nome por Aleksandr Mijáilovich Sibiriakov, propietario de minas de ouro da Rusia Imperial. Sibiriakov financiou exploracións en Siberia, como a de Adolf Erik Nordenskjöld, e tamén tivo parte nalgunhas expedicións propias.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O mar que rodea á illa Sibiriakov está cuberto cun banco de xeo no inverno e hai moitos témpanos de xeo ata no verán. O estreito entre a illa de Sibiriakov e o continente é coñecido como Vostochnyy Proliv.
Administración[editar | editar a fonte]
A illa Sibiriakov pertence á división administrativa krai de Krasnoyarsk da Federación Rusa. Tamén forma parte da Gran Reserva Natural do Ártico, a maior reserva natural de Rusia.
Illas veciñas[editar | editar a fonte]
A 12 quilómetros do cabo no extremo norte da illa Sibiriakov queda un grupo estreito e curvado de tres illas coñecidas como illas Nosok (Остров Носок; Ostrov Nosok).
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Sibiryakov |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|