Illa Scott
Illa Scott | |
---|---|
Scott Island | |
![]() Illa Scott e o Piar de Haggitt entre icebergs. | |
Situación | |
País | ![]() Reclamada por Nova Zelandia |
Mar | Océano Antártico |
Coordenadas | 67°24′0″S 179°55′0″O / -67.40000, -179.91667 |
Xeografía | |
Superficie | 4 ha km² |
Longura máxima | 0.565 km |
Largura máxima | 0,18 km |
Punto máis alto | 54 m (punto máis alto) |
Demografía | |
Poboación | 0 |
A illa Scott é unha pequena illa deshabitada de orixe volcánica situada no océano Antártico. Está situada a uns 505 quilómetros do cabo Adare, a extremidade nordeste da Terra de Vitoria. Ten 565 metros de longo e 180 de largo, abranguendo unha área de 4 hectáreas. No oeste da illa, a uns 250 metros, atópase o Piar de Haggitt, unha columna de 60 m de altura. A illa contén dúas pequenas enseadas con praias, e o resto da illa é rochosa. Unha das rías está sobre a costa nordeste e a outra atópase na parte occidental da illa, fronte ao piar de Haggit.
A illa foi descuberta o 25 de decembro de 1902 polo capitán e explorador Guillerme Colbeck do SY Morning, quen transportaba no seu navío ao capitán Robert Falcon Scott na expedición de Sir Clements Robert Markham. Colbeck pensou en bautizar á illa co nome de illa Markham, pero posteriormente Clements Markham decidiu mudar o nome na honra do capitán Scott. O piar de Haggit recibe esa denominación polo apelido materno de Guillerme Colbecj, Haggit.
En 2006, unha expedición de mapeado atopou as illas cando se dirixía ao mar de Ross.[1]
Conflitos territoriais[editar | editar a fonte]
Malia atoparse en territorio do Tratado Antártico, a illa é reclamada por Nova Zelandia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ The changing map of Antarctica, National Institute of Water and Atmospheric Research, Coasts & Oceans Update, No. 17, 2007
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Birds observed at Scott Island, Ross Sea, Antarctica (en inglés)
- Gerhard Wörner and Giovanni Orsi (1990). Volcanic observations on Scott Island in the Antarctic Ocean, Polarforschung, 60 (2), 82–83. (en inglés)