Illa Santa Bárbara, California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 33°28′37″N 119°02′16″O / 33.47694, -119.03778

Illa Santa Bárbara
(en inglés Santa Barbara Island)
Tchunashngna en tongva
(ou gabrielino ou gabrieleño)
Mapa da illa
Localización da illa Santa Bárbara no arquipélago das illas do Canal, en California
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoCalifornia
ArquipélagoIllas do Canal
Marocéano Pacífico
Coordenadas33° 28′ 37,16″ N
119° 02′ 15,80″ O
Xeografía
Superficie2,6 km²
Punto máis altoSignal Hill 193 msnm
Distancia a terra61 km (da península de Palos Verdes, condado de Os Ánxeles)
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A illa Santa Bárbara (en inglés Santa Barbara Island; en tongva Tchunashngna),[1] é unha pequena illa, a máis pequena do arquipélago das illas do Canal, no sur de California.

Está protexida dentro do Parque Nacional Channel Islands, e o seu ecosistema mariño forma parte do Santuario Mariño Nacional Channel Islands.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa encóntrase a uns 61 km da costa da península de Palos Verdes do condado de Os Ánxeles, no sur de California (cerca do condado de Ventura e ao oeste do Gran Os Ánxeles).[2]

Cunha superficie total de aproximadamente 1 milla cadrada (260 hectáreas), é a máis pequena das oito illas do Canal, e a máis meridional do Parque Nacional Channel Islands. O seu cumio máis alto é Signal Hill, a 193 m.

Aínda que está máis cerca do condado de Ventura e do condado de Os Ánxeles, a illa forma parte do condado de Santa Bárbara (Oficina do Censo dos Estados Unidos, Bloque 3012, Bloque Grupo 3, Área do Censo 29.10). É a única das catro illas do sur do Canal incluída no Parque Nacional das Illas do Canal, que tamén abarca as catro illas do norte. Segundo o censo de 2000, a illa está deshabitada, e ten unha superficie total de 2,625 km².[3]

Como a maioría das illas do Canal, non se pode ver desde o continente, excepto en días despexados (xeralmente en inverno) e ao atardecer, cando a illa se ve como unha silueta retroiluminada.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Se ben a illa non é volcánica, está composta principalmente de rochas volcánicas do Mioceno (basalto) intercaladas con sedimentos mariños.[4]

Os abruptos acantilados tallados polas ondas da súa costa indican que se trata dunha das illas do Canal máis nova. Presenta polo menos seis terrazas mariñas, que evidencian levantamentos e subsidencias tectónicas repetidas. A Arch Point (punta do Arco), na costa nordeste da illa, é un arco de 40 m de altitude causado pola erosión mariña de rochas debilitadas por fallas.[5]

Nas súas proximidades hai dous illotes rochosos denominados illa Sutil, de 49 km², fronte ao extremo suroeste, e Shag Rock, de 4 m², cara ao norte.

Historia[editar | editar a fonte]

Época precolombiana[editar | editar a fonte]

Vista satelital da illa (Programa Copérnico)
Vista da illa Santa Bárbara

Pobos indíxenas americanos, probabelmente das tribos Chumash e tongva, ocuparon a illa Santa Bárbara periodicamente durante milenios. Na illa hai documentados xacementos arqueolóxicos de até 4 000 anos de antigüidade,[6] lugares que poderían servir como puntos de parada ou de refuxio para viaxeiros entre o continente e as outras illas do Canal.[7]

Época española[editar | editar a fonte]

A illa foi nomeada polo explorador español Sebastián Vizcaíno, que avistou a illa o 4 de decembro de 1602, o día en que se conmemora a Santa Bárbara.[2]

Época norteamericana[editar | editar a fonte]

O National Geodetic Survey dos Estados Unidos investigou a illa na década de 1850. Ocupárona pescadores e cazadores de focas, incluído a H. Bay Webster preto de Webster Point, até que o goberno federal arrendou a illa a J. G. Howland en xullo de 1909 por un período de 5 anos. Alvin Hyder foi o arrendatario os seguintes 5 anos. Desde 1916, a illa estivo ocupada polos irmáns Hyder, Alvin, Clarence e Cleve, coas súas familias, que criaron alí ovellas até abandonar a illa en 1922. Os únicos outros individuos que arrendaron a illa, antes de que pasase a formar parte do Monumento Nacional en 1938, foron Arthur McLelland e Harry Cupit de 1929 a 1932.[7]

En 1852, Charles Melville Scammon, no bergantín Mary Helen, cazaba elefantes mariños do norte (Mirounga angustirostris) e leóns mariños na illa Santa Bárbara.[8] En decembro de 1934, a goleta de vapor California pasou unha semana ancorada fronte á illa, procesando rorcuais azuis, comúns e cachalotes capturados polos seus dou barcos cazadores de baleas a vapor Hawk e Port Saunders.[9]

A United States Lighthouse Board erixió un faro no lado noroeste da illa en 1928, seguido por un segundo faro no canto suroeste en 1934. A Garda Costeira dos Estados Unidos fíxose cargo do servizo e substituíu a torre noroeste por unha de aceiro, e outra, alimentada con enerxía solar, en 1980. Entre 1942 e 1946, a Armada dos Estados Unidos de América construíu unha estación de observación costeira na illa e, na década de 1960 construíu unha estación de seguimento de fotos, pero abandonaron a illa a mediados da década de 1960.[10]

Historia Natural[editar | editar a fonte]

Fauna[editar | editar a fonte]

Poliño de Synthliboramphus scrippsi na illa Santa Bárbara

A illa Santa Bárbara é o fogar dunha gran colonia de lobos mariños e de colonias de aniñadoiros de varias aves mariñas. Tamén é o lugar onde se asenta a maior colonia de cría do Synthliboramphus scrippsi. unha especie de ave caradriforme da familia dos álcidos (a dos araos) ameazada; o seu status está catalogado como vulnerábel porque gran parte da súa reprodución ten lugar nunha illa tan pequena e illada como a de Santa Bárbara.[11]

Catorce especies de aves añidan anualmente na illa, entre elas Eremophila alpestris (un aláudido), Leiothlypis celata (un parúlido) e Haemorhous mexicanus (un pimpín). Outras aves que se poden ver na illa son o pelicano pardo (Pelecanus occidentalis), petreis, Synthliboramphus hypoleucus e corvos maiños. En canto a mamíferos, encóntranse, ao longo da costa, lobos mariños, focas comúns (Phoca vitulina) e elefantes mariños do norte (Mirounga angustirostris).[12]

Flora[editar | editar a fonte]

Dudleya traskiae é unha planta suculenta endémica da illa. E unha variedade de Eriogonum giganteum, Eriogonum giganteum var. compactum é endémico e particularmente raro na illa de Santa Bárbara.[Cómpre referencia]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Chiles, Frederic (2015): California's Channel Islands. Norman: University of Oklahoma Press. ISBN 978-0-8061-4687-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tongva Place Names". en Tongva Place Names.
  2. 2,0 2,1 Santa Barbara Island, en Channel Islands. National Park California.
  3. Block 3012, Block Group 3, Census Tract 29.10, Santa Barbara County Arquivado 05 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. United States Census Bureau.
  4. Jere H. Lipps, James W. Valentine & Edward Mitchell (1968): "Pleistocene Paleoecology and Biostratigraphy, Santa Barbara Island, California" Journal of Paleontology 42 (2): 291–307.
  5. Allan A. Schoenherr, C. Robert Feldmeth & Michael J. Emerson (1999): Natural History of the Islands of California. Berkeley/Los Algeles/London: University of California Press. ISBN 978-0-5202-3918-0.
  6. Erlandson, J. M.; M. A. Glassow; C. Rozaire & D. Morris (1992): "4,000 years of human occupation on Santa Barbara Island, California". Journal of California and Great Basin Anthropology 14 (1): 85-93.
  7. 7,0 7,1 Chiles, 2015 & 182-189.
  8. Scammon, Marine Mammals of the North-western Coast of North America (1874), pp. 116, 118, 132–34.
  9. Nial O'Malley Keyes (1939): Blubber Ship, pp. 232–235.
  10. Chiles 2015, pp. 189-191.
  11. BirdLife International (2018): [https://www.iucnredlist.org/species/62101249/132674012 Synthliboramphus scrippsi na Lista vermella da UICN. Versión 2019-3. Condultada o 7 de febreiro de 2020.
  12. Chiles 2015, p. 193.