Illa Rottnest
Coordenadas: 32°00′18″S 115°30′54″L / -32.00500, -115.51500
Illa Rottnest | |
---|---|
Rottnest Island | |
Situación | |
País | Australia |
Estado | Australia Occidental |
Mar | Océano Índico |
Xeografía | |
Superficie | 19 km² |
Punto máis alto | 46 m |
Distancia a terra | 18 km |
Demografía | |
Poboación | 334 (Censo de 2016)[1] Até 15 000 visitantes nos períodos de vacacións.[2] |
Densidade | 17,6 hab./km² |
A illa Rottnest é unha pquena illa australiana.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Situada a 18 km da costa do estado de Australia Occidental, ten unha superficie de 19 km².
Segundo o censo de 2016 contaba con 334 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 17,6 hab./km². Porén, durante os períodos de vacacións pode acoller até 15 000 visitantes. Por iso, a maioría dos seus habitantes traballan no sector turístico.
É famosa pola presenza dunha importante colonia de quokkas (Setonix brachyurus), pequeno mamífero marsupial oriúndo da rexión.[3]
Historia[editar | editar a fonte]
A illa estivo habitada por aborixes australianos até hai uns 7 000 anos, cando a subida do nivel do mar separouna do resto de Australia. O 29 de decembro de 1696 desembarcou na illa o capitán neerlandés Willem de Vlamingh, que a explorou durante 6 días e lle deu o nome de 't Eylandt 't Rottenest, que literalmente significa "niño de ratas", ao confundir os quokkas con ratas xigantes. Naquel momento a illa estaba deshabitada, e a poboación aborixe carecía de botes, polo que probabelmente o territorio permanecera sen poboación durante varios miles de anos.[4]
Entre 1838 e 1931 foi utilizada como prisión para reclusos aborixes.
Flora e fauna[editar | editar a fonte]
Aves[editar | editar a fonte]
A illa foi declarada área importante para a conservación das aves. Poden observarse numerosas especies, entre elas Ardenna pacifica, Phalacrocorax varius, Chroicocephalus novaehollandiae, Thalasseus bergii, Sternula nereis, Onychoprion anaethetus, Neophema petrophila, Egretta sacra e Cladorhynchus leucocephalus.[5]
Flora[editar | editar a fonte]
Entre as especies nativas figuran a conífera da familia das cupresáceas Callitris preissii, o arbusto da familia das mirtáceas Melaleuca lanceolata e a árbore da familia das fabáceas Acacia rostellifera.[6]
Galería[editar | editar a fonte]
-
Visitantes a principios dos anos 1900
-
O asentamento principal da illa está situado na baía de Thomson
-
Os lagos salgados de orixe natural son un refuxio para a abundante avifauna
-
A praia e o faro de Bathurst
-
O ferri Sea Eagle Express partindo do porto de Fremantle, levando turistas á illa Rottnest
-
Canón Mk X BL de 9,2 polgadas, na batería de Oliver, illa Rottnest
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 2016 Census QuickStates: Rottnest Island – Australian Bureau of Statistics Arquivado 26 de febreiro de 2022 en Wayback Machine..
- ↑ Rottnest Arquivado 13 de decembro de 2006 en Wayback Machine. en police.wa.gov.au
- ↑ Somolinos, Daniel (1 de outubro de 2018). "Rottnest, la isla donde habita el animal más feliz del planeta". El Mundo. Consultado o 25 de febreiro de 2022.
- ↑ Appleyard, R. T. & Manford, Toby (1979): The Beginning: European Discovery and Early Settlement of Swan River. Western Australia. Perth, Western Australia: University of Western Australia Press. ISBN 0-8556-4146-0.
- ↑ Kilpatrick, Alan G. (2016):"Birds of Rottnest Island, WA". Emu - Austral Ornithology 32 (1): 30–31.
- ↑ Rottnest Island Authority. "Plants and wildflowers of Rottnest Island". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2011. Consultado o 26 de febreiro de 2022.