Saltar ao contido

Illa Riesco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Riesco
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   156 Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   75 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   120 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   5.110 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   246 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap1997227 Editar o valor en Wikidata
VIAF617145857109322922586 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04vj8y Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A illa Riesco é unha illa de Chile localizada no extremo meridional de América do Sur, na ribeira setentrional do estreito de Magallanes. Administrativamente, a illa pertence á comuna de Río Verde, Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena. Ten unha superficie de 5.005 km², que a converten na cuarta illa maior do país.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa ten os seguintes límites:

Na súa porción occidental atópase a Reserva Nacional Alacalufes.

Habitada primeiramente polos kawéskar, hoxe a illa caracterízase por unha decena de estancias, todas en mans de particulares, nas que a crianza de ovellas é unha das principais labores que alí se realiza. Isto grazas ás súas amplas chairas, sen prexuízo de que algúns dos sectores, como cabo León, posúen relevo irregular que mestura a paisaxe montañosa dos Andes patagóns, bosque de coigüe de Magallanes e planicie. Ademais, na illa hai un importante reduto de huemules en estado salvaxe.

Na historia da illa tamén figura que algúns sectores serviron como campos de concentración durante o goberno militar, segundo consta nalgúns testemuños de persoas que viviron esa época.

A illa posúe grandes reservas de carbón. Ao norte da illa atópase a mina Elena, que comezou a ser explotada por un francés a finais do século XIX. Logo de anos de abandono, o noruegués Ove Larsen Gude abriu a mina en 1921. Nos anos 1930, a produción de carbón ascendía a dous mil toneladas mensuais e sumábase ao extraído desde os xacementos Magdalena e Josefina, tamén na illa.

O xacemento Estancia Invierno foi estudado polo Comité de Carbóns da Corporación de Fomento da Produción (CORFO) entre os anos 1978 e 1981. No lugar, que abarca 4.030 hectáreas, se cubicaron reservas por un total de 670 millóns de toneladas de carbón, das cales preto de 280 millóns de toneladas corresponden á categoría de reservas probadas e o resto á categoría de probables.

Durante os anos 2000, a sociedade mineira Illa Riesco, constituída por capitais de Empresas Copec e Ultramar, adxudicouse as minas Elena e Río Eduardo e Estancia Invierno, este último xacemento manterase en poder de BHP Billiton ata o ano 2017, data en que expira o seu contrato de concesión.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]