Illa Raiatea
Raiatea | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Francia |
Colectividade de ultramar | Polinesia Francesa |
Arquipélago | Illas da Sociedade |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 16°44′S 151°27′O / -16.733, -151.450Coordenadas: 16°44′S 151°27′O / -16.733, -151.450 |
Xeografía | |
Superficie | 194 km² |
Longura máxima | 20 km. |
Largura máxima | 14 km. |
Punto máis alto | 1.062 m Mont Toomaru |
Demografía | |
Capital | Uturoa |
Poboación | 12.545[1] (2007) |
Densidade | 72 hab./km² |
Raaiatea (en tahitiano Ra'iātea) é unha illa das illas de Sotavento, no arquipélago das Illas da Sociedade na Polinesia Francesa. Está situada a 210 km ao oeste de Tahití, entre Huahine, que se atopa a 40 km, e Bora Bora.
Situado na costa sur atópase o histórico marae de Taputapuatea que foi construído no 1000AD.
A localidade principal de a'iātea é 'Uturoa, o centro administrativo das Illas de Sotavento (Francés Îles Sous-le-vent). Tamén hai colexios que serven como o principal centro educativo de secundaria para os estudantes das illas da rexión Bora Bora, Taha'a, Huahine e Maupiti.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A ortografía do nome no tahitiano é Ra'iātea, que significa ceo brillante. Ulieta é unha obsoleta transcrición comunmente utilizada no século XIX.
O extinto paxaro Ulieta era orixinario desta illa, xunto con outras especies descoñecidas. Só existe no mundo un debuxo desta ave, no Museo de Historia Natural de Londres.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Cunha superficie total de 167,7 km² é a segunda illa máis grande do arquipélago, logo de Tahití. Un arrecife de coral rodea ao mesmo tempo as illas de Raiatea e Tahaa compartindo a mesma lagoa. A altitude máxima é de 1.017 m no monte Tefatoaiti. Na cadea montañosa da illa, Temehani, atópase unha flor única, endémica e símbolo da illa, a tiare apetahi. Trátase dunha gardenia branca de cinco pétalos en forma de man que se abre de madrugada cun ruído característico.
A poboación total era de 12.545 habitantes no censo do 2007, distribuída en tres comunas: Uturoa (a capital), Taputapuatea e Tumara´a. Uturoa é, ademais, a capital administrativa das illas de Sotavento e o segundo centro urbano da Polinesia Francesa con preto de 10.000 habitantes, logo de Papeete.
Historia
[editar | editar a fonte]Antigamente a illa chamábase Havai´i, nome sacro na cultura polinesia e relacionado cos nomes de Hawai; Savai'i, en Samoa; e Havaiki, antigo nome de Fakarava nas Tuamotu. Situada no centro do triángulo cultural da Polinesia, foi o punto de partida da última onda migratoria, notablemente a Nova Zelandia e Hawa. Nas illas da Sociedade exerceu unha grande influencia relixiosa e cultural. O gran templo (en tahitiano marae) de Taputapuatea, dedicado ao deus Oro, era o centro relixioso máis importante das illas. O seu culto suplantou ao doutros deuses tradicionais como Taaroa e Tane, e os diferentes marae eran subsidiarios do de Taputapuatea. Ao redor seu formouse a seita arioi, mestura relixiosa, aristocrática, guerreira e festiva, que era respectada en todas as illas e conseguía, só coa súa presenza e o seu carácter de tabú, unha tregua nas guerras tribais.
Raiatea foi explorada polo inglés James Cook en 1769, que transcribiu o seu nome como Ulietea, nome que foi utilizado durante anos. Para Domingo Bonaechea (1775) foi A Princesa. Hoxe en día coñécella co sobrenome de «a illa sacra».
O primeiro europeo en rexistrar o avistamento de Raiatea foi Pedro Fernández de Quirós en 1606, bautizándoa como Fugitiva.[2] O navegante polinesio, Tupaia, que navegou co explorador James Cook, naceu en Ra'iatea ao redor de 1725. Omai (c.1751-1780), outro mozo de Ra'iatea, viaxou cos exploradores europeos a Londres en 1774 e tamén serviu como intérprete para o capitán Cook na súa segunda e terceira viaxes.
O rei Tamatoa VI foi o último monarca, reinando desde 1884 a 1888.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Vista aérea da illa de Ra'iātea.
-
Uturoa, vista desde Tapioi
-
Unha illa ao sur de Ra'iātea coa illa Huahine no fondo.
-
Vista da vila de 'Uturoa e o océano.
-
Barco a at Ra'iātea.
-
Outra vista do marae de Taputapuātea.
-
Vista de Pora Pora desde Ra'iātea.
-
Vainas de Vainilla secándose ao sol.
-
Portrait of Omai, óleo sobre lenzo, de Sir Joshua Reynolds, 1776
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Institut Statistique de Polynésie Française (ISPF). "Recensement de la population 2007" (PDF) (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2007. Consultado o 2007-12-02.
- ↑ Burney, James A chronological history of the discoveries in the South Sea or Pacific Ocean London, 1803, vII, p.326.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Raiatea |