Illa McKean
| (en) McKean Island | |||||
| Tipo | illa | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Descubridor ou inventor | Charles Wilkes | ||||
| Parte de | Illas Fénix | ||||
| Situado na entidade xeográfica | Illas Fénix | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Illas Fénix, Kiribati | ||||
| |||||
| Bañado por | océano Pacífico | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 5 m | ||||
| Dimensións | 1 ( | ||||
| Superficie | 0,57 km² | ||||
| Historia | |||||
| Data de descuberta ou invención | 1840 | ||||
A illa McKean é unha illa pequena e deshabitada do grupo de illas Fénix, pertencentes á República de Kiribati. A súa superficie é de 57 hectáreas.
McKean foi nomeada polo comandante Charles Wilkes o 19 de agosto de 1840, pero se cre que foi descuberta previamente por baleeiros do océano Pacífico. Foi reclamada polos Estados Unidos en marzo de 1859, baixo o disposto polo Acta de Illas Guaneras de 1856. O guano foi extraído intensamente e exportado desde 1859 ata 1870. As illas de cando en cando foron visitadas tras a finalización das actividades. En xuño de 1938, foi declarado un santuario natural para aves, e constitúe unha área protexida desde entón.
Ademais de expedicións naturalistas, foi visitada en outubro de 1989 pola organización TIGHAR (The International Group for Historic Aircraft Recovery) na procura dun posible lugar de aterraxe da aviadora desaparecida Amelia Earhart en 1937.
Xeografía
[editar | editar a fonte]McKean ten a forma dun óvalo rústico, de menos de 1 quilómetro de diámetro. Está rodeada por un arrecife plano, cunha praia coralina e un reborde de escollos tamén de coral que sobresaen ata 5 metros sobre o nivel do mar. O centro da illa está deprimido, cunha lagoa de pouca profundidade, hipersalina e con restos de guano ocupando o centro da illa. Non ten árbores, pero hai 7 especies herbáceas.
McKean conta coa maior cantidade de niños do paxaro Fregata (Fregata ariel), cunha poboación de ao redor de 85.000 exemplares. Describíronse ata 29 especies de aves, visitantes da illa. O único mamífero existente é a rata da Polinesia, o que suxire un descubrimento prehistórico da illa por mariños polinésicos. Tamén existen especies de lagartos gecos.
A illa non ten fontes de auga doce.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa McKean foi a primeira do grupo Phoenix en ser rexistrada e nomeada. Descubríuse o 28 de maio de 1794 polo capitán británico Henry Barber, do barco Arthur, mentres facía ruta desde Botany Bay, Nova Gales do Sur cara á costa noroeste de América.[1] Ao avistar a illa deshabitada o 28 de maio, o capitán Barber chamouna "Illa de Drummond", situándoa a 3°40'S, 176°51'O.[2] O Albany Sentinel informou de que a "pequena illa areosa... é moi baixa e non se pode ver desde a cuberta dun barco a máis de cinco ou seis millas".[3] Posteriormente renomeouse como "Illa Arthur" e apareceu como tal nas cartas náuticas da época. As súas coordenadas foron dadas como 3°30'S, 176°0'O.[4]
A illa foi rexistrada e visitada por varios barcos nos anos seguintes, incluíndo o baleeiro Japan en 1830 (ao mando do capitán Shubael Chase), o capitán Worth (1832) que a confundiu con Onotoa e un baleeiro descoñecido en 1834, que a chamou "Illa de Wigram".[5]
Renomeouse como Illa McKean e cartografada polo comandante Charles Wilkes da Expedición de Exploración dos Estados Unidos o 19 de agosto de 1840, en honor a un membro da súa tripulación. Non obstante, a illa Arthur seguiu sendo sospeitosa e "necesitaba confirmación" polo menos ata 1871, cando incluíuse no "Directorio de Findlay", usando as cartas do cartógrafo John Arrowsmith.[4]
McKean foi reclamada polos Estados Unidos en marzo de 1859, ao abeiro da Lei do Guano estadounidense de 1856. C.A. Williams promoveu a Phoenix Guano Company de New London, Connecticut, para explotar o depósito de guano. Alfred Restieaux foi o capataz da operación de escavación en 1867.[6] O guano escavouse e exportouse activamente desde 1859 ata 1870.[7] A illa visitouse raramente despois desa época.
McKean incluíuse posteriormente na colonia británica das Illas Gilbert e Ellice. O Reino Unido renunciou ás súas reivindicacións sobre a illa cando concedeu a independencia á República de Kiribati, e os Estados Unidos renunciaron ás súas reivindicacións sobre Kiribati no Tratado de Tarawa.
-
colonia de paxaros na illa McKean
-
Costa de illa McKean
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ Quanchi & Robson, p 11.
- ↑ Maude, p 109.
- ↑ The Albany Sentinel, 28.8.1797, quoted in Maude, p 109.
- ↑ 4,0 4,1 Sharp, p 210.
- ↑ Maude, p 110.
- ↑ Resture, Alfred. "Alfred Restieaux Manuscripts – Part 2". Jane Resture. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2013. Consultado o 23 de marzo de 2013.
- ↑ Resture, Jane. "McKean Island: Phoenix Group". Jane Resture. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa McKean |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Official site[usurpada]
- History of McKean Island Arquivado 02 de abril de 2012 en Wayback Machine.
