Illa Maurelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Maurelle
Maurelle Island
A illa Maurelle dentro do arquipélago de Discovery.
Localización da illa Maurelle
Situación
País Canadá
Provincia Columbia Británica
ArquipélagoIllas Discovery
MarAtlántico
CoordenadasCoordenadas: 50°16′53″N 125°08′37″O / 50.281388888889, -125.14361111111
Xeografía
Superficie57,54 km²
Punto máis alto514 m

Illa Maurelle é unha illa da Columbia Británica, Canadá. Forma parte das Illas Discovery entre a illa de Vancouver e o continente, entre o estreito de Xeorxia e o estreito de Johnstone.[1]

A illa Maurelle está situada ao nordés da Illa Quadra, ao sueste da Illa Sonora e ao norte de Illa Read dentro da Área Electoral C do Distrito Rexional Strathcona. A illa está separada do continente pola canle Calm, desde illa Quadra pola canle Okisollo, desde Illa Read pola Pasaxe Whiterock e desde Illa Sonora por un pequeno estreito chamado Hole in the Wall. O estreito paso entre a illa Quadra e Antonio Point, a punta sur da illa de Maurelle, coñécese como Surge Narrows.

No seu extremo sur atópase o parque provincial Surge Narrows, cunha extensión de 488 hectáreas nunha contorna en que os cambios de mareas e a abundancia de arrecifes favorecen a vida mariña, con abundancia de estrelas de mar, anémonas, ourizos e cogombros de mar, etc. Pola extremada forza das correntes producidas nas canles entre as illas veciñas nos cambios de mareas, o parque é tamén moi apreciado para a práctica de deportes náuticos como o kaiak.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Retrato de Mourelle

O nome da illa foi inscrito oficialmente en 1903 no Geographical Names Board of Canada (Consello de Nomes Xeográficos do Canadá), en recoñecemento ao navegante galego Francisco Mourelle de la Rúa (1750-1820), que en 1775 explorara estas costas como axudante do oficial Quadra.[3]

En 1779 tivo lugar unha segunda expedición comandada polo militar español Ignacio de Arteaga, con dous navíos, un ao mando del mesmo e o outro capitaneado por Quadra, con Mourelle novamente como segundo de a bordo. A partir dos datos destas viaxes, Maurelle confeccionou e publicou varias cartas destas costas.[3]

Legado[editar | editar a fonte]

A illa Maurelle chámase así en recoñecemento deste mariño galego.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Museo Naval (2919).
  2. "Surge Narrows Provincial Park". British Columbia.com
  3. 3,0 3,1 3,2 Walbran, John T. (1909). Páxina 326.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]