Illa Kupreanof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Kupreanof
Alaska Panhandle.png
Localización da illa
Alexander archipelago.jpg
Situación
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Estado Alasca Alasca
Arquipélago Arquipélago Alexander
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 56°48′N 133°25′O / 56.800, -133.417Coordenadas: 56°48′N 133°25′O / 56.800, -133.417
Xeografía
Superficie 2.802´8 km²
Longura máxima 84 km.
Largura máxima 32 km.
Punto máis alto 1.190 m. Sherman Peak
Demografía
Capital Kake (pob. 710)
Poboación 785 (2000)
Densidade 0´28 hab./km²

A illa de Kupreanof é unha das principais illas do arquipélago Alexander, pertencente á Área Censal de Petersburgo, na rexión sueste do estado de Alasca, nos Estados Unidos. Ten unha superficie de 2.802´8 km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa de Kupreanof está localizada na parte nororiental do arquipélago Alexander. Está separada do continente, polo seu lado este, polas augas do Pasaxe Interior; polo norte, polas augas do estreito Frederik, que a separan da illa do Almirantado; ao oeste, o estreito de Keku sepáraa da illa Kuiu; e ao sur, o estreito Sumner sepáraa da Illa Príncipe de Gales; ao sueste, os estreitos de Wrangell (Wrangell Narrows) sepárana das illas de Woewodski e Mitkof.

A illa ten 84 km de longo e 32 km de ancho. A península de Lindenberg, no lado sueste da illa considérase parte da illa. A península está separada do resto da illa por un estreito chamado canle Duncan. A poboación da illa era de 785 hab. no censo de 2000.

O maior asentamento da illa é Kake, no lado noroeste da illa. A outra cidade é Kupreanof, no lado oriental, no estreito Wrangell, fronte á cidade de Petersburgo na próxima illa de Mitkof. A illa atópase dentro dos límites do bosque nacional Tongass no Distrito Ranger de Petersburgo.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa leva o nome do Baron Ivan Antonovich Kupreianov (1800-57), un dos xefes da Compañía Ruso-americana.