Illa Komsomolets
| Illa Komsomolets | |
|---|---|
Localización da illa | |
| Situación | |
| País | |
| Krais de Rusia | Krai de Krasnoiarsk |
| Arquipélago | Severnaya Zemlya |
| Mar | Océano Ártico |
| Coordenadas | 80°34′N 94°29′L / 80.567, -94.483 |
| Xeografía | |
| Superficie | 9.006 km² |
| Longura máxima | 120 km. |
| Largura máxima | 75 km. |
| Punto máis alto | 935 m. |
| Demografía | |
| Poboación | Deshabitada |
A illa Komsomolets (en ruso: остров Комсомолец) é a máis setentrional das illas do grupo de Severnaya Zemlya, e está localizada no Ártico de Rusia. Cunha superficie estimada de 9.006 km² (outras fontes, como www.oceandots.com, dan 8.812 km²) , é a terceira illa máis grande do grupo.
Índice
Xeografía[editar | editar a fonte]
O punto máis setentrional da illa chámase cabo Ártico e é o o punto de lanzamento de moitas expedicións árticas. O punto máis elevado da illa ten 780 m. Ao redor do 65% da illa está cuberta de glaciares. Na illa Komsomolets está o maior campo de xeo de Rusia.
O chan da illa está composto principalmente de arxilas e areas, unha tundra deserta con dispersos brións e líquenes.
Historia[editar | editar a fonte]
A illa foi explorada e nomeado pola expedición de Georgy Ushakov e Nikolay Urvantsev en 1930-32. En consonancia co seu plan de nomear as illas segundo os acontecementos e movementos da Revolución Rusa de 1917, esta illa foi nomeada en honra dos membros do Komsomol, a «Unión Comunista da Mocidade».
Galería[editar | editar a fonte]
Baía Krenkel, costa nordés da illa Komsomolets (80°40’N, 97°30‘O)
Baía Zhuravlev, localizada na costa oeste da illa Komsomolets (80°44’N, 93°19‘E)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Komsomolets |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Official website of Krasnoyarsk Krai (en ruso)
- Putorana Plateau at Natural Heritage Protection Fund
- Пантелеев В. НА ПЕРЕЛОМЕ: Аркадий Вепрев у руля. Победа Валерия Зубова на губернаторских выборах//Красноярский рабочий.- 2011. - №145.- 19 августа.
|