Illa Kolchak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illa Kolchak
остров Колчака
Taymyra2y.PNG
Localización da illa de Kolchak, ao sur da illa Taymir
Outline Map of Nordenskjold Archipelago.svg
Localización preto da costa siberiana
Situación
PaísRusia Rusia
ProvinciaKrai de Krasnoiarsk
MarMar de Kara
Coordenadas76°02′N 97°01′L / 76.033, -97.017
Xeografía
Longura máxima21 km
Largura máxima6,5 km
Demografía
PoboaciónDeshabitada
Lingua propiaruso

A illa de Kolchak ou Illa Kolchaka (en ruso: остров Колчака, ostrov Kolchaka), é unha illa no Mar de Kara localizada nunha área litoral de arrecifes no NE da península de Shturmanov. Atópase preto do extremo sur do arquipélago Nordenskiöld mais non forma parte del xeograficamente. Durante o período entre 1937 e 2005, foi coñecida como a illa Rastorguyev (en ruso: остров Расторгуева, ostrov Rastorguyeva)

Descrición[editar | editar a fonte]

Está localizada a 40 km da parte máis occidental do Golfo Taymyr e a só 14 km da parte sueste da illa Taymyr. Igualmente, está separada da costa continental por un estreito de tan só un quilómetro de distancia, pola parte máis próxima. Comparada con outras illas grandes da mesma área, Kolchak ten unha forma bastante regular. A súa lonxitude é de 21 km e a súa largura máxima é de 6,5 km.

O clima na área é severo, con invernos longos e duros e adoita sufrir tormentas de neve e vendavais. O mar que arrodea a illa permanece cuberto de xeo durante o inverno e tamén aparecen bloques illados de xeo durante o verán, de xeito que a maior parte do ano está unida ao continente polo xeo.

Durante o verán está cuberta cunha vexetación de tundra, mais a maioría do ano permanece baixo unha capa de neve.

A illa, pertence ao Krai de Krasnoiarsk, división administrativa da Federación rusa e forma parte da Reserva Natural Estatal do Gran Ártico, a reserva de natureza máis grande de Rusia.

Historia[editar | editar a fonte]

Monumento a Kolchak na illa do seu nome.

A illa denominouse así en conmemoración do seu descubridor, o explorador Alexander Kolchak. Este uniuse entre 1900 e 1902[1] a unha expedición rusa polo Ártico (a Expedición Polar Rusa) dirixida por Eduard Toll que explorou moitas das illas do Mar de Kara, que eran pouco coñecidas. A finalidade principal da expedición era atopar a lendaria Terra de Sannikov.[2]

A primeira mención con esa denominación é de 1901, mais en 1937 o goberno soviético rebautizouna en memoria de Stepan Rastorguyev, a pesar de que xa existía outra illa con esa denominación[3] no mesmo Mar de Kara (a outra pertencente ao grupo das Kamennyye). Finalmente, para evitar confusións, recuperou o nome orixinal o 15 de xullo de 2005.[4]

En 2009, erixiuse na parte norte da illa un monumento a Kolchak.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "На мысе Случевского покорителей Арктики встречает Колчак" [No cabo de Sluchevsky os conquistadores do Ártico atópanse con Kolchak]. ostmetal.info (en ruso). 15-10-2009. Arquivado dende o orixinal o 01-12-2017. Consultado o 23-11-2017. 
  2. Barr, William (September 1980). "Baron Eduard von Toll’s Last Expedition, 1900-1903.". Artic. Vol. 34 (Nº 3): 201–224. 
  3. Плотников И. Ф. Александр Васильевич Колчак. Жизнь и деятельность. Ростов н/Д.: изд-во «Феникс», 1998. — 320 с., стр. 38
  4. "Постановление Правительства Российской Федерации от 15 июля 2005 г. N 433 О переименовании географического объекта в Карском море" [Decreto do Gobierno da Federación Rusa de 15 de xullo de 2005, N 433 sobre o cambio de nome dun lugar xeográfico no mar de Kara]. rg.ru (en ruso). 20-07-2005. Consultado o 23-11-2017. 

Vésaxe tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]