Illa do Rei Guillerme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Illa King William»)
Illa do Rei Guillerme
Qikiqtaq
Localización da illa
Situación
País Canadá
Provincias e territorios do CanadáNunavut
ArquipélagoIllas Árticas do Canadá
MarOcéano Ártico
Coordenadas68°58′N 97°14′O / 68.967, -97.233
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie12.516 - 13.111 km²
Longura máxima175 km.
Punto máis alto141 m.
Demografía
CapitalGjoa Haven (pob. 1.279)
Poboación1.279 (2011)
Densidade0´08 hab./km²

A illa do Rei Guillerme (en inuit, «Qikiqtaq»)[1] é unha illa localizada no arquipélago ártico canadense na rexión de Kitikmeot. Administrativamente, pertence ao territorio autónomo de Nunavut. Cunha superficie entre 12.516 km²[2] e 13.111 km²[3] converténdoa na 61ª illa máis grande por superficie e a 15ª illa máis grande do Canadá. A súa poboación, segundo o censo do Canadá de 2011, era 1.279 habitantes,[4] que viven nun único asentamento, en Gjoa Haven.[5]

A illa está situada fronte á costa continental canadense, ao norte da península de Adelaida e ao oeste da península de Boothia, e ao leste da Illa Victoria.

A illa é coñecida polas súas grandes poboacións estivais de caribús que permanecen alí antes de camiñar ao sur sobre o mar de xeo no outono.

Mentres buscaban o Paso do Noroeste, unha serie de exploradores árticos visitaron, ou pasaron os seus invernos na illa do Rei Guillerme.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa do Rei Guillerme ten unha forma lixeiramente romboidal, cos vértices orientados case segundo os puntos cardinais. En dirección N-S ten unha lonxitude de 173 km e en dirección E-O de 176 km. Os puntos máis extremos son: ao norte, cabo Felix; ao leste, punta Matheson; ao sur, punta James Ross; e, ao oeste, cabo Gore, en extremo da península de Graham Gore. Percorrendo as súas costas en dirección horaria, partindo de cabo Felix, ao norte, atópanse os seguintes tramos:

  • costa do estreito de Vitoria (que separa a illa de illa Vitoria e illa do Almirantado, a uns 90 km ao oeste). A costa descende en dirección suroeste, con cabo Maria Louisa, punta Vitoria, o entrante do Collinson Inlet (23 km cara ao sur), punta Franklin, baía Seal, a ampla baía do Erebus e punta Little;
  • costa do estreito de Alexandra (que a separa das illas da Royal Geographical Society); é un pequeno tramo de costa, que vai de punta Little ata cabo Hodgson e no que se atopan as pequenas illas Fairholm e Hornbyhay;
  • costa da pasaxe Storis (que enlaza coas augas do golfo da Raíña Maud, ao suroeste); tramo que discorre en dirección sursureste, e no que están baía Terror, as illas Irving, baía Wáshington e cabo John Herschel.
  • costa do estreito de Simpson (que a separa da península Adelaida); tramo que segue na mesma dirección sursureste, con punta Goldman, baía Douglas e punta James Ross.
  • costa da conca Rasmussen, un tramo que discorre en dirección leste, con cabo Booth, a península de Booth, illas Todd, o abrigo natural de Gjoa Haven, baía Schwatka e cabo Luigi d'Abruzzi;
  • costa do estreito de Rae (que a separa da península de Boothia), un curto tramo en dirección norte, desde cabo Luigi ata punta Matheson;
  • costa da conca St Roch (que a separa de península de Boothia), tramo que discorre en dirección norte, con punta Simmonds, punta Livingstone e baía La Trobe;
  • costa do canle de Humboldt (estreito canle de apenas 3 km de anchura que a separa de illa Matty e illa Tennent, entre elas separadas polo estreito de Wellington); tramo de costa que discorre en dirección noroeste, que comeza coas illas ribeiregas de illas Beverly, e o profundo entrante cara ao sur do Peel Inlet (25 km), e acaba en punta Parry;
  • costa do estreito de James Ross (que a separa de península de Boothia, ao nordés); un curto tramo tamén en dirección nordés, que comeza en porto Parry, cabo Sydney e termina novamente en cabo Felix. Neste tramo atópase o grupo de pequenas illas ribeiregas, illas Clarence.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa do Rei Guillerme estivo foi ocupada polo pobo Inuit. O primeiro occidental que penetrou nas súas terras foi, na súa segunda segunda expedición ao ártico (1829-33), o explorador escocés John Ross. En 1830, estando o seu barco, o HMS Victory, atrapado no xeo no golfo de Boothia (en Felix Harbour, preto de baía Thor), algúns membros da tripulación, entre eles o seu sobriño e segundo,James Clark Ross cruzaron as canles xeadas e recoñeceron a illa, á que bautizaron como «Terra do rei Guillerme» (King William Land), xa que pensaron que era unha península, en honra do rei británico Guillerme IV. Ross nomeou moitos das canles, illas e accidentes xeográficos da zona, con nomes dos seus barcos, membros da súa tripulación e personaxes relevantes da época, como as illas Tennent, en honra de James Emerson Tennent, (1804-69), político irlandés, viaxeiro e membro da Royal Society.

Outras expedicións árticas, mentres buscaban o Paso do Noroeste, pasaron preto da illa. Os barcos da expedición perdida de John Franklin, o HMS Erebus e o HMS Terror, encallarían en 1846 no xeo mariño nalgún lugar ao noroeste da illa. Despois de que os barcos fosen abandonados, a maior parte da tripulación pereceu gradualmente da exposición e a fame, xa que trataron de camiñar ao sur, preto da costa occidental. Dous dos homes de Franklin están enterrados en punta Hall, na costa sur da illa.

En 1903, o explorador Roald Amundsen, buscando tamén o Paso do Noroeste, navegou a través das augas do estreito de James Ross e detívose nun porto natural na costa sur da illa, Gjoa Haven. Non podendo proseguir debido ao xeo mariño, pasou alí os invernos de 1903-04 e 1904-05 e aprendeu as habilidades dos netsilik, os inuits locais, que máis tarde lle ían a ser moi valiosas na súa expedición ao Polo Sur. Utilizou o seu barco Gjøa como base para exploracións no verán de 1904, e cruzou a península de Boothia en zorra para viaxar ao polo norte magnético. Amundsen finalmente deixou a illa, logo de 22 meses, en agosto de 1905. O porto onde vivío, Gjoa Haven, é agora o único asentamento da illa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Darren Keith, Jerry Arqviq (23 de novembro de 2006). "Environmental Change, Polar Bears and Adaptation in the East Kitikmeot: An Initial Assessment Final Report" (PDF). Kitikmeot Heritage Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2009. Consultado o 2008-01-23. 
  2. King William Island at the Atlas of Canada
  3. Other Arctic Islands Arquivado 2013-01-22 en Wayback Machine., Atlas of Canada
  4. 2011 census
  5. The surrounding Census Subdivision, Kitikmeot, Unorganized which includes the rest of King William Island, has a population of 0.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fraser, J. Keith. Notes on the Glaciation of King William Island and Adelaide Peninsula, N.W.T. Ottawa: Geographical Branch, Dept. of Mines and Technical Surveys, 1959.
  • Taylor, J. Garth. Netsilik Eskimo Material Culture. The Roald Amundsen Collection from King William Island. Oslo: Universitetsforlaget, 1974. ISBN 82-00-08945-2
  • Woodworth-Lynas, C. M. T. Surveying and Trenching an Iceberg Scour, King William Island, Arctic Canada. St. John's: Memorial University of Newfoundland, Centre for Cold Ocean Resources Engineering, 1985.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]