Illa Graham
Illa Graham | |
---|---|
![]() localización da illa | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincias e territorios do Canadá | Columbia Británica |
Arquipélago | Haida Gwaii |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 53°25′32″N 132°14′32″O / 53.42556, -132.24222 |
Xeografía | |
Superficie | 6.361 km² |
Demografía | |
Capital | Queen Charlotte City (948 hab.) |
Poboación | 4.475 hab. (2001) |
Densidade | 0'70 hab./km² |
Lingua propia | Lingua haida |
A illa Graham (en inglés, Graham Island, tamén coñecida en lingua haida como Haida Gwaii, «terra dos haida») é unha grande illa próxima á costa oeste do Canadá (2.608 km²), a maior das dúas grandes illas do arquipélago da Haida Gwaii, pertencente á provincia da Columbia Británica.
A illa está separada do continente polo estreito de Hecate e, ao sur, unha estreita canle, o Canal Skidegate, sepáraa da outra grande illa do arquipélago da Haida Gwaii, a illa Moresby -ou Gwaii Haanas, na lingua dos haida- e da máis pequena illa Chaatl. Ao norte, o Dixon Entrance sepáraa da Illa Príncipe de Gales, unha illa pertencente xa ao estado de Alasca.
Na parte nororiental da illa estableceuse o parque provincial Naikoon. Na parte setentrional, hai un profundo e estreito entrante, o Masset Inlet, que dá acceso a un case lago interior, na parte central da illa, onde están os asentamentos de Port Clements e Juskatla. Na costa occidental, a que abre ao Pacífico, están a baía de Beresford e, máis ao sur, o Rennell Sound.
A costa occidental é máis accidentada e nese lado da illa están as cordilleiras da raíña Carlota (Queen Charlotte Ranges)
Comunidades[editar | editar a fonte]
Atraccións[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Graham ![]() |