Illa Cornwallis, Canadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cornwallis
Localización de Cornwallis
Mapa da illa
Situación
País Canadá
Provincias e territorios do CanadáNunavut
ProvinciaQikiqtaaluk
ArquipélagoIllas da Raíña Isabel
MarOcéano Ártico
Coordenadas75°05′N 95°00′O / 75.083, -95.000
Xeografía
Superficie6.995 km²
Longura máxima113 km.
Largura máxima95 km.
Perímetro375 km.
Punto máis alto359 m
Demografía
CapitalResolute
Poboación229 hab. (2006)
Densidade0´03 hab./km²
Fotografa satélite da Illa Cornwallis.

A Illa Cornwallis é unha das Illas da Raíña Isabel na Rexión Qikiqtaaluk, Nunavut, dentro do Ártico canadense (75°05′N 95°00′O / 75.083, -95.000). Atópase ao oeste da Illa Devon. A súa lonxitude máxima é 110 km. Cunha área de 6.995 km², é a 96 illa máis grande do mundo. A illa Cornwallis está separada da illa Devon polo Canle Wellington. Ao sur, o Canle Parry sepáraa da Illa Somerset. Ao noroeste da Illa Cornwallis atópase a Pequena Cornwallis, a maior dun grupo de pequenas illas ao norte de McDougall Sound, que separa a Illa Cornwallis da próxima Illa Bathurst.

O aeroporto de Resolute (Qausuittuq) na costa meridional serve de centro de comunicacións para as illas árticas centrais de Nunavut. Esta é a segunda comunidade máis setentrional do Canadá.

A Illa Cornwallis foi descuberta por William Edward Parry en 1819 e bautizouna en honor ao almirante da Royal Navy William Cornwallis.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]