Illa Christmas (Kiribati)
| Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
| Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
| Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
| As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
| Kiritimati | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Kiribati |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2005) | 5.115 hab. |
| Superficie | 321 km² |
| Superficie lagoa | 324 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 1°52′N 157°42′O / 1.867, -157.700 |
| Maior Altura | 12 m. Outeiro de Joe (Joe's Hill) |
| Localización | |
Kiritimati, tamén coñecida como Christmas, é unha illa do Océano Pacífico de orixe coralino que constitúe o atol máis grande do mundo e que pertence á República de Kiribati. Está situada ao norte do arquipélago das Illas da Liña ou Espóradas Ecuatoriais. A illa ten unha superficie de 642 quilómetros cadrados. Conforma o 70% da superficie total de terra da república de Kiribati, a cal está composta apor 33 atois.
Kiritimati ten un perímetro de ao redor de 150 km. Partes da súa lagoa secáronse. Ademais da illa principal, existen tamén outras máis pequenas.
Historia[editar | editar a fonte]
Os primeiros Europeos chegaron a Kiritimati por primeira vez o 24 de decembro de 1777, comandados polo capitán James Cook. Kiritimati é a pronuncia en kiribatiano (lingua oficial de Kiribati) de Christmas (o conxunto "ti" pronúnciase "s", xa que esta última combinación de fonemas presenta o alófono [s], polo que Kiritimati pronúnciase "Kirismas", moito máis aproximado ao nome inglés).
Durante a Segunda Guerra Mundial, as Forzas Armadas dos EE.UU. mantiveron unha estación meteorolóxica e un centro de comunicacións no atol, xunto cunha pista de aterraxe que, ademais de manter estas estacións, servía para recargar de combustibel aos voos entre Hawai e o Pacífico Sur. Tamén había unha pequena estación civil de radio e investigación meteorolóxica.
Actualmente, existen 4 aldeas na illa (os datos poboacionais corresponden ao censo realizado no ano 2005):
| Nº | Aldea | Poboación
(Censo 2005) |
|---|---|---|
| 1 | London | 1829 |
| 2 | Tabwakea | 1881 |
| 3 | Banana (Banana Wells) | 1170 |
| 4 | Poland | 235 |
| 5 | Paris (ruínas) | - |
| Kiritimati | 5115 |
London é a aldea e porto principal. Banana atópase próxima ao Aeroporto Cassidy, pero este podería ser recolocado máis preto de London para evitar contaminación das augas subterráneas. A aldea abandonada de Paris xa non figura máis nos informes do censo.
Curiosidades[editar | editar a fonte]
- Kiritimati é o primeiro lugar habitado sobre a Terra en recibir o Aninovo (véxase Illa Caroline)
- A comezos da década de 1950 Wernher von Braun propuxo utilizar esta illa como un sitio de lanzamento de aeronaves espaciais tripuladas.
|