Illa Bolxevique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa Bolxevique
Russia - Bolsjevik.PNG
Localización da illa
Bolshevik Island.svg
Situación da illa Bolxevique na Terra do Norte
Situación
País Rusia Rusia
Mar Océano Ártico
Coordenadas 78°45′N 102°39′L / 78.750, -102.650
Xeografía
Superficie 11.312 km²
Longura máxima 149 km.
Largura máxima 79 km.
Punto máis alto 935 m.
Demografía
Poboación Deshabitada

A illa Bolxevique (en ruso остров Октябрьской Большеви́к, óstrov Bolxevik) é a máis meridional do arquipélago ruso da Terra do Norte, no Ártico, situada ó sueste da illa da Revolución de Outubro, da cal está separada polo estreito de Xokalski, e é a segunda illa máis grande do grupo.


Historia[editar | editar a fonte]

A illa, xunto coa costa do leste do que foi chamada Terra do Emperador Nicolás II, foi descuberta por Boris Vilkitsky na época da Expedición Hidrográfica do Océano Ártico de 1913. A súa insularidade, con todo, non foi demostrada ata 1931, cando foi explorada por primeira vez pola expedición de Gueorgui Uixàkov e Nikolai Urvantsev (1930-1932),[1] que foron os que lle deron este nome en honor dos bolxeviques, os primeiros comunistas rusos. Segundo un decreto aprobado o 1 de decembro de 2006 polo extinto goberno rexional de Taimiria, a illa foi renomeada illa de Santa Olga (остров Святой Ольги, óstrov Sviatoi Olgui) en honor da gran duquesa Olga, asasinada durante a Revolución Rusa.

Na actualidade a única estación Polar que opera en Severnaya Zemlya, atópase nesta illa preto de Cabo Baranov.[2]

Ten unha superficie estimada de 11.312 km². É montañosa, cunha altitude máxima de 935 m. Un 30% da illa está cuberta de glaciares (Leningrad, Semiónov – Tian Xanski e Kropotkin), mentres que as zonas costeiras teñen unha vexetación espesa de brión e liques. Aloxa a base ártica Prima.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barr, William (1975). "Severnaya Zemlya: the last major discovery". Geographical Journal 141 (1): 59–71. JSTOR 1796946. 
  2. Bird Observations in Severnaya Zemlya, Siberia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]