Saltar ao contido

Ill Niño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ill Niño
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Obras e produtos
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
1999 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1998 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Identificadores
VIAF155160681 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000107288607 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0436wn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: Officialillnino Twitter: officialillnino MySpace: illnino Spotify: 1xJ6l1VXgGuyZ0uhu27caF Last fm: Ill+Niño Musicbrainz: 91e2e08f-abd7-44d6-9a84-b8a4afa8a265 Songkick: 24084 Discogs: 465285 Allmusic: mn0000087741 Deezer: 2183 Genius: Ill-nino Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Ill Niño é un grupo estadounidense de latin metal formado en Nova Jersey a comezos do ano 2000. Tódolos integrantes do grupo teñen orixe latinoamericana, sendo orixinarios ou descendentes de países coma Perú, Guatemala, Venezuela, Brasil, México e República Dominicana.[Cómpre referencia]

O grupo creouse no ano 1998, ano no que gravaron un EP, sendo Jorge Rosado o vocalista, có título de El Niño. Este era tamén o nome do grupo nos seus comezos, facendo referencia ao fenómeno meteorolóxico do mesmo nome. En 1999 o grupo formalizouse oficialmente. Trala marcha de Jorge Rosado do grupo, El Niño firmou coa discográfica Roadrunner Records no ano 2000, pero tiveron que mudar o nome do grupo á Ill Niño xa que o anterior xa o tiña outro grupo.

O seu primeiro álbum, Revolution Revolución, saíu ao mercado o 18 de setembro do 2001. A banda formou parte das xiras Ozzfest e Jägermeister en 2002. A comezos do 2003 Marc Rizzo deixou o grupo, por conflitos persoais e o desexo de perseguir proxectos diferentes, e Danny Couto uniuse ao grupo. Pouco antes da saída ao mercado de Confession, Ahrue Luster, anteriormente membro de Machine Head, uniuse ao grupo.

Confession foi lanzado ao mercado o 30 de setembro de 2003. O álbum debutou no número 37 na lista Billboard 200.[1] O single principal do disco, "How Can I Live", incluíuse na banda sonora do filme Freddy vs. Jason, e foi o seu primeiro single que chegou a lista Billboard. O álbum vendeu máis de 110,000 copias nos Estados Unidos nos seus primeiros 5 meses no mercado.[2]

O seu terceiro disco, One Nation Underground, saíu á venda o 27 de setembro do 2005. O grupo anunciou que remataba o seu contrato coa discográfica Roadrunner Records o 15 de xullo do 2006, e asinou un novo acordo co selo discográfico Cement Shoes Records.[3]

Tras asinar coa nova discográfica, o grupo gravou un EP de cinco temas, The Under Cover Sessions, o 7 de novembro do 2006. Tres dos temas eran versións, incluíndo a canción do grupo Faith No More "Zombie Eaters", "Territorial Pissings" de Nirvana e "Red Rain" de Peter Gabriel. Vendeu 1,300 copias na súa primeira semana no mercado.[4]

O cuarto álbum do grupo, Enigma, tiña como data de saída ao mercado o 9 de outubro do 2007, pero atrasouse varias veces, saíndo finalmente o 11 de marzo do 2008.[5]

No 2009 comezaron unha xira por Europa chamada There Goes the Neighborhood xunto a God Forbid e Exilia, sendo un dos concertos da xira en Vigo o 13 de marzo.[Cómpre referencia]

En marzo de 2010 o grupo anunciou o seu acordo con Victory Records para a gravación dun novo álbum producido por eles mesmos e os co-produtores Sahaj Ticotin e Clint Lowery. O álbum foi titulado Dead New World e publicouse o 25 de outubro de 2010.[Cómpre referencia]

En febreiro de 2012, Ill Niño anunciou o comezo da gravación do que sería o seu sexto álbum de estudio, de novo baixo o selo de Victory Records. Este novo álbum foi gravado en estudios de Hoboken, Austin e Denver, e foi finalmente publicado o 22 de outubro de 2012 baixo o título Epidemia.[Cómpre referencia] Posteriormente, o 1 de outubro de 2013 o percusionista Daniel Couto deixou o grupo, sendo substituído por Oscar Santiago, e o 22 de xullo de 2014 o grupo publicou un novo álbum de estudio, titulado Till Death La Familia.[Cómpre referencia]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. Ill Niño > Charts & Awards, allmusic.com 29 de Abril de 2006. (en inglés)
  2. Ill Niño: 'This Time's For Real' Video Online Arquivado 28 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. 20 de Febreiro de 2004. (en inglés)
  3. Ill Niño asina con Cement Shoes Records Arquivado 28 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. 24 de Xullo do 2006. (en inglés)
  4. Ventas na primeira semana de Ill Niño Arquivado 21 de marzo de 2007 en Wayback Machine. 15 de novembro do 2006. (en inglés)
  5. O disco 'Enigma' atrásase Arquivado 25 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. 10 de xuño do 2007. (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]