Igrexa de Santiago, Tequixquiac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parroquia de Santigo Apóstolo
Datos xerais
PaísMéxico
TipoIgrexa
AdvocaciónSantiago Apóstolo
LocalizaciónTequixquiac, Rexión de Zumpango, México, México
Coordenadas19°54′37″N 99°08′51″O / 19.91031, -99.14745Coordenadas: 19°54′37″N 99°08′51″O / 19.91031, -99.14745
CatalogaciónBen Cultural do estado de México
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseCuautitlán
Arquitectura
ConstruciónSéculos XVI
EstiloBarroco (incorpora tamén elementos mudéxar e renacentistas)
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Santiago Apóstol é un templo católico do concello de Tequixquiac, México. Esta igrexa encóntrase no centro da vila, xunto á praza Cuauhtemoc e á biblioteca municipal, preto da Avenida Juárez. Este edificio colonial é un monumento que perdurou ata o día de hoxe.[1] É unha igrexa dedicada a Santiago apóstolo, foi fundada pola orde franciscana no século XVI. Agora é unha parroquia da diocese de Cuautitlán.[2]

A festa do santo patrón celébrase cada 25 de xullo, na honra de Santiago o Maior; tamén se festexa, en xaneiro ou febreiro, a festa do Señor da Capela, unha imaxe de Cristo moi venerada na rexión.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeira imaxe de Santiago apóstolo.

A igrexa de Santiago Apóstolo pasou a parroquia no ano de 1590, xa que antes foi unha vigairía. A construción do templo foi realizada en diferentes etapas, o atrio parroquial era un grande espazo cunha cruz atrial no centro labrada en pedra, con símbolos indíxenas e cristiáns. O templo estaba dedicado a Santiago Apóstolo, debido a que algunhas familias ibéricas se estableceron definitivamente na rexión coa entrega das encomendas por Hernán Cortés, xa que para os indíxenas a imaxe de Santiago apóstolo a cabalo, lembraba aos soldados españois durante o sometemento militar e relixioso dos rebeldes indíxenas da rexión.

Danza[editar | editar a fonte]

Contradanza das Varas, orixinaria de España.
A danza da trenza, bailada o luns da semana de festa.

A contradanza das Varas é unha danza que provén do norte de España e que foi levada á vila mexicana de Tequixquiac no ano 1652. Trátase dun baile tradicional que bailan só os homes o 25 de xullo en honor ao apóstolo Santiago,[3] e que os relixiosos ensinaron aos poboadores para evanxelizalos na fe cristiá en devoción a Deus.[4] Anos despois fíxose en honor ao Señor da Capela. O nome provén do uso de dúas varas de rosa gallica que teñen fitas de cores coas que se fan figuras ao compás dos pasos do baile.[4][5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] Arquivado 22 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Edificio histórico en Tequixquiac (Castelán).
  2. los 10 templos de arquitectura maravillosa en el Edomex Arquivado 17 de novembro de 2015 en Wayback Machine., El Universal, Estado de México, 4 de decembro de 2016.
  3. Olvera Vásquez, Miguel Ángel, La conquista espiritual de Tequixquiac, Marzo, 2007. pp. 13
  4. 4,0 4,1 Rodríguez Peláez, Maria Elena, Monografía del municipio de Tequixquiac, Marzo, 1999. pp. 98
  5. Contradanza de las Varas Universidade Autónoma de México, Unidade Acatlán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • La conquista espiritual en Tequixquiac, Miguel Ángel Olvera Vázquez, Zumpango de Ocampo, marzo de 2007.
  • Monografía del Municipio de Tequixquiac, González, Carlos Héctor, Gobierno del estado de México, Toluca de Lerdo, 1974.
  • Monografía Municipal de Tequixquiac, Rodríguez Peláez, María Elena, Toluca de Lerdo, 1999.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]