Igrexa de Santa Clara do Porto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Santa Clara do Porto
Igreja Sta Clara (Porto).jpg
Portal lateral da igrexa (á esquerda) e portal do Convento das Clarisas (á dereita).
Datos xerais
PaísPortugal Portugal
RexiónRexión Norte
TipoIgrexa-Mosteiro feminino
AdvocaciónSanta Clara
LocalizaciónPorto
Coordenadas41°08′33″N 8°36′33″O / 41.1425, -8.60916667Coordenadas: 41°08′33″N 8°36′33″O / 41.1425, -8.60916667
CatalogaciónMonumento Nacional (Patrimonio portugués)
Culto
CultoCatólico (Orde de San Francisco (clarisas)
DiocesePorto
Arquitectura
ConstruciónIgrexa (1416-1457)
Talla dourada (1730 - )
EstiloBarroco
Igrexa de Santa Clara (Porto) en Portugal
Igrexa de Santa Clara (Porto)
Igrexa de Santa Clara (Porto)
editar datos en Wikidata ]

A Igrexa de Santa Clara é un templo católico localizado na freguesía da , na cidade do Porto, en Portugal. No seu interior podemos encontrar un dos mellores exemplares da arte da talla dourada do Barroco Xoanino.

Construída ao lado do treito máis visíbel das Murallas Fernandinas, tanto a Igrexa de Santa Clara, coma o mosteiro do que formaba parte, ficaron concluídos en 1457. A obra debeuse a unha demanda das freiras franciscanas clarisas que pretendían renovar o mosteiro anterior, do século XIII, máis pequeno e modesto.

Coa supresión de varios mosteiros máis pequenos nas diversas localidades entre o século XV e o século XVI, as freiras fóronse congregando en Santa Clara levando para este as súas rendas, sendo unha delas unha portaxe por todas as mercadorías que pasaban polo Río Douro.

A finais do século XIX, coa morte da última freira, o mosteiro fechou, o que causou algunha deterioración do edificio. Posteriormente, sendo patrimonio do estado, fixéronse obras de restauración para adaptalo a Centro de Saúde e outras institucións de carácter social e público.

A entrada da igrexa arránxase cunha porta barroca, datada de 1697 e reformulada no século XVIII, con elementos renacentistas como columnas salomónicas e capiteis corintios. No interior podemos vislumbrar toda a magnificiencia desta igrexa, toda cuberta por talla dourada (técnica escultórica típica de Portugal, na que madeira é tallada e posteriormente revestida por unha película de ouro) da primeira metade do século XVIII.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]