Igrexa das Capuchinas da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa das Capuchinas da Coruña
Fachada da igrexa das Capuchinas
Datos xerais
PaísEspaña
TipoIgrexa
LocalizaciónA Coruña
Coordenadas43°22′22″N 8°23′57″O / 43.372777777778, -8.3991666666667Coordenadas: 43°22′22″N 8°23′57″O / 43.372777777778, -8.3991666666667
Culto
CultoCatólico
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
Construción1688
EstiloBarroco
editar datos en Wikidata ]

A igrexa das Capuchinas é un templo situado na rúa das Panadeiras da cidade da Coruña. Formaba parte do antigo convento das Capuchinas, que foi rehabilitado para acoller o Museo de Belas Artes.

Historia[editar | editar a fonte]

A presenza das capuchinas na Coruña dátase en 1683. Instaláronse nunha casa doada por Antonia de Prego xunto á capela de Nosa Señora das Marabillas. Esta capela foi derrubada para construír o novo edificio do convento, iniciado en 1688 segundo planos de Domingo de Andrade, que estivo no cargo ata 1707.[1] A obra seguiu baixo o mecenado do arcebispo Antonio de Monroy co arquitecto Fernando de Casas Novoa, que deseñou, entre outras partes do convento, a fachada (1715).[2]

Dende 1966 celebrouse na igrexa a primeira misa fixa en galego, oficiada polo crego Manuel Espiña.[3][4]

O convento estivo en uso ata 1982; dende entón a comunidade mora nun novo edificio na parroquia de Liáns, Oleiros.[5][6] En 1988, Manuel Gallego Jorreto presentou un proxecto de rehabilitación para a nova sede do Museo de Belas Artes que foi inaugurada en 1995.[7] Esta intervención foi merecente do Premio Nacional de Arquitectura no ano 1997.[1] Pola súa banda, tras varias rehabilitacións, a igrexa conventual reinaugurouse en 2013.[8] Actualmente, ademais de actos relixiosos, o templo tamén acolle concertos.

A pesar de ter a máxima protección municipal, a casa do capelán foi derrubada segundo o proxecto do arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois o 13 de outubro de 2004 por mor da construción do aparcadoiro do Papagaio e non volveu ser reconstruída ata o 2009. O proceso foi investigado por se houbera un delito contra o patrimonio, mais o caso non prosperou.[9]

Descrición[editar | editar a fonte]

Sobre a porta da fachada e no retablo hai dúas imaxes da Virxe das Marabillas. A fachada, á que se accede grazas a unha escalinata semicircular, ten un só corpo e catro pilastras toscanas. Na parte superior da fachada vese o escudo dos franciscanos.[10][11] A Virxe das Marabillas do retablo foi restaurada para recuperar a man dereita que lle fora quitada na década de 1980, cando o templo estaba abandonado.[12]

A igrexa ten planta de cruz latina cunha soa nave. Na entrada ábrese un vestíbulo. que da acceso á igrexa. A nave da igrexa está cuberta por unha bóveda de canón semicircular con lunetos agás no último tramo que se ergue unha cúpula sobre pendetes. O templo contaba cun cadro de Francisco de Asís atribuído por algúns a Zurbarán e por outros a Mateo Cerezo mais que no presente está no convento das capuchinas de Liáns.[13][14][15]

A un lado da igrexa consérvase a parte de máis calidade do convento, un lenzo de cantaría integrado no museo. Do outro lado está a casa do capelán, do século XVIII, reconstruída en 2009.[10]

Diante da igrexa hai unha fonte de pedra. Tamén están catalogados os pináculos, que recuperaron a reixa en 2015, e o arboredo.[16][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Fernández Garcés, Javier (2015). ""El convento de las Capuchinas de A Coruña. Origen y transformaciones". Tracería. Revista de rehabilitación arquitectónica (1): 53–60. ISSN 2444-9547. 
  2. García Iglesias, José Manuel (17 de agosto de 2014). "Terciarias, capuchinas, clarisas y franciscanas misioneras de la madre del Divino Pastor en A Coruña". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  3. Pereiro, Xosé Manuel (2 de marzo de 2010). "Fallece el cura Espiña, impulsor del gallego en la Iglesia". El País (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  4. López Boullón, Xosé Ramón (1 de agosto de 2007). "Fe e lingua". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  5. "El secreto mejor guardado de Oleiros". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-09-29. Consultado o 2022-11-20. 
  6. Pousa, Luis (5 de decembro de 2001). "El templo de las Capuchinas busca el esplendor perdido". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  7. "El museo - Historia". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 06 de xaneiro de 2016. 
  8. Campoviejo, Maruja (13 de agosto de 2013). "Boda y música para reinaugurar las Capuchinas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  9. Rodríguez, Rubén D. (12 de outubro de 2014). "El cura se quedaba sin casa". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  10. 10,0 10,1 10,2 PEPRI
  11. "Coruña Educación". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 06 de xaneiro de 2016. 
  12. Ventureira, Rubén (22 de febreiro de 2003). "A “virxe manca” recupera por fin a súa man dereita". La Voz de Galicia. Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 
  13. del Castillo, Ángel (1972). Inventario monumental y artístico de Galicia. Editorial de los Biblófilos Gallegos. p. 259. 
  14. "El "San Francisco" zurbaranesco de La Coruña - ProQuest". www.proquest.com (en inglés). Consultado o 2022-11-21. 
  15. Rodríguez, Ana (2012-02-12). "Los templos coruñeses velan por sus tesoros". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-11-21. 
  16. "La iglesia de las Capuchinas recupera su verja". La Opinión de A Coruña (en castelán). 21 de abril de 2015. Consultado o 4 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]