Igrexa da Vera Cruz do Carballiño
| Igrexa da Vera Cruz do Carballiño | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| O Carballiño | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
A igrexa da Vera Cruz (coñecida localmente como a "igrexa nova") é un templo católico que se atopa no concello do Carballiño. É unha das últimas obras inacabadas do arquitecto galego Antonio Palacios, finalizada en 1957.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A construción do edificio foi financiada polos veciños, especialmente pola influencia do párroco Luciano Evaristo Vaamonde da Cortiña. As obras comezaron o 25 de xuño de 1943 e tardaron catorce anos en completarse. A morte de Antonio Palacios, o arquitecto xefe, atrasou a súa finalización. É difícil de clasificar en termos de estilo; aínda que se trata dun edificio contemporáneo, predominan a decoracións e elementos medievais; polo que se podería situar no estilo historicista. Está baixo a advocación de San Cibrao. Aínda que a torre está inacabada, a igrexa foi inaugurada o 17 de setembro de 1952. As obras remataron en 1957.
Características
[editar | editar a fonte]A torre ten 52 metros de altura e está pechada porque o seu acceso non é seguro. A igrexa ten unha superficie de 1080 m².
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Armero, Jacobo (2001). "Catálogo de Exposición". Antonio Palacios, constructor de Madrid (en castelán) (primeira ed.). Madrid: Ediciones La Librería. ISBN 9788495889041.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa da Vera Cruz do Carballiño |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castro Fernández, Xosé (1996). 100 obras mestras da Arte Galega. Vigo: Nigra Arte. ISBN 84-87709-50-8.
- Otero Cerdeira, Adolfo (2004). Santuario de la Vera-Cruz de San Cibrán del Carballino de Antonio Palacios. Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-3789-9.
- Otero Janeiro, Rafael (2023). A Vera Cruz de Antonio Palacios. Instituto de Estudios Carballiñeses. ISBN 978-84-7680-779-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Otero Janeiro, Rafael. "Templo de la Vera Cruz de San Cibrán" Arenteiro.com en Internet Archive (en castelán).
- "Guía monumental (arte e historia) de Carballino, Ourense" arteguias.com (en castelán).
