Igor Moiseev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIgor Moiseev

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1906 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Kíiv, Ucraína Editar o valor em Wikidata
Morte2 de novembro de 2007 Editar o valor em Wikidata (101 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii 55°45′08″N 37°36′56″L / 55.7522, 37.6156 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Estatal de Coreografía de Moscova Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDanza e Coreografía Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncoreógrafo , mestre de ballet , bailarín de ballet , bailarín Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTamara Zeyfert (en) Traducir
Irina Moiseeva (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesVladimir Moiseyev (en) Traducir (daughter's son (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 22622998 Editar o valor em Wikidata

Igor Alexandrovich Moiseev (en ruso И́горь Алекса́ндрович Моисе́ев), nado en Kíiv o 21 de xaneiro de 1906 e finado en Moscova o 2 de novembro de 2007, foi un coreógrafo e danzarín ruso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na capital de Ucraína, onde seu pai Alexander Moiseev, un nobre ruso orixinario da rexión de Orel, exercía como avogado. Súa nai era Anna Gren, era de orixe francesa e romanesa; a parella coñeceuse en París e só uns meses despois do seu nacemento a familia marchou á capital francesa, onde Igor viviu ata os oito anos[1] e logo a familia estableceuse en Moscova. En 1920 con catorce anos seu pai levouno á academia de ballet dunha antiga danzarina do Bolshoi, Vera Mosolova, e que estaba situada preto da casa familiar[2] pero só uns meses despois de comezar as clases a profesora levouno á escola de ballet do Teatro Bolshoi e Igor aprobou o exame de admisión[3]. Entre os seus profesores estivo Alexander Gorskii e tras graduarse en 1924 entrou no elenco do Bolshoi. Comezou tamén a traballar como coreógrafo dende 1930.

En 1937 co apoio de Viacheslav Molotov, presidente do Consello de Comisarios do Pobo, organizou o primeiro conxunto profesional de danza popular da Unión Soviética, o primeiro ensaio do novo conxunto foi o 1 de febreiro de 1937 e Moiseev foi director artístico permanente e director de danza. A partir de 1938 co novo grupo relizou numerosas xiras por toda a URSS e dende 1945 tamén por outros países. En 1943 dotou ao grupo cunha escola profesional de danza popular, os graduados atoparon traballo tanto no propio grupo como noutros ao longo da Unión Soviética[4] e en 1966 estableceu un conxunto para novos talentos da danza, que se transformou no actual Teatro Académico Estatal do Ballet Clásico, e que dirixiu ata 1970[5].

Actuación do Ballet Moiseev en Rotterdam en 1960. Carecterístico das coreografías de Moiseev son os saltos acrobáticos dos danzaríns

Nas súas coreografías mantivo un rigoroso equilibrio entre as danzas populares auténticas e o espectáculo teatral, con pasos e chimpos aparatosos e acrobáticos. Mesmo en 1952, durante o stalinismo[6], criticou duramente o estado da coreografía soviética, que consideraba anquilosada e temorosa das novidades. Montou máis de 170 coreografías[7], na súa maioría recreacións de danzas populares para representación teatral. O seu estilo coreográfico converteuse en estándar na Unión Soviética[8], con grupos imitando o modo Moiseev para cada nacionalidade.

Ao longo da súa carreira foi xurado de numerosos concursos e festivais internacionais, e dirixiu o xurado dun programa da televisión soviética dedicado aos festivais populares. Tamén organizou concertos de gala e programas culturais e traballou activamente no Comité de Paz Soviético; así e todo, malia as numerosas peticións que recibiu nunca foi membro do Partido Comunista da Unión Soviética polas súas crenzas relixiosas[9].

Foi membro do consello do Teatro Bolshoi dende 1985, da Academia Rusa das Artes dende 1996. Escribiu diversos artigos dedicados á coreografía e en 1996 publicou as súas memorias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jack Anderson "'Igor Moiseyev, 101, Choreographer, Dies'". The New York Times, 3 de novembro de 3007
  2. "Скончался выдающийся хореограф Игорь Моисеев" Arquivado 04/03/2018, en Wayback Machine.vl.ru, 3 de novembro de 2007
  3. "Ушел из жизни Игорь Моисеев" Arquivado 04 de xuño de 2018 en Wayback Machine.tvkultura.ru, 2 de novembro de 2007
  4. "Моисеевский ансамбль народного танца отмечает 75-летний юбилей".RIA Novosti, 10 de febreiro de 2012
  5. "Моисеев Игорь Александрович"warheroes.ru
  6. Christina Ezrahi (2012) Swans of the Kremlin: Ballet and Power in Soviet Russia. University of Pittsburgh Press, p. 103
  7. "Igor Moiseyev" Encyclopædia Britannica
  8. Anthony Shay (2019) The Igor Moiseyev Dance Company: Dancing Diplomats Intellect Books. p. 73
  9. "Танцующий век"rg.ru, 20 de xaneiro de 2006