Ignaciu Llope
Ignaciu Llope | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1962 |
Lugar de nacemento | Cudillero |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político, escritor e psiquiatra |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xuan Ignaciu Llope Fernande, nado en 1962 en Cudillero, é un político, escritor en lingua asturiana e médico psiquiatra asturiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ten destacado, por unha banda, como poeta, ensaísta e columnista (en medios como Les Noticies); e por outra, como membro activo de organizacións como Conceyu d'Estudiantes Nacionalistes, a Fundación Belenos ou a plataforma cidadá SOS Cuideiru; ademais da súa militancia política no partido Izquierda Asturiana, no que desempeñou o cargo de voceiro nacional por varios anos.
En abril de 2007, foi presentado como candidato principal á Xunta Xeral do Principado de Asturias nas eleccións autonómicas de maio pola coalición Unidá.