Ignacio García López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ignacio García López
Nacemento5 de setembro de 1924
 Madrid
Falecemento20 de decembro de 2017
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e Ministro
PremiosVíctor de ouro do SEU e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
editar datos en Wikidata ]

Ignacio García López, nado en Madrid o 5 de setembro de 1924 e finado na mesma cidade o 20 de decembro de 2017,[1] foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empregado de banca, e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas, foi xefe central da Organización Juvenil Española, secretario xeral do SEU e secretario nacional de Juventudes. As súas responsabilidades nas mocidades franquistas permitíronlle acceder ao posto de gobernador civil de Pontevedra en 1970, destino ao que seguiron os gobernos civís de Asturias (1973) e Biscaia, cargos que simultaneou co de procurador en Cortes.

En decembro de 1975, cando Adolfo Suárez era Secretario Xeral do Movemento, con rango de ministro, García López foi nomeado vicesecretario xeral. Sete meses máis tarde, o 7 de xullo de 1976 Suárez pasou a ocupar a Presidencia do Goberno de España e Ignacio García converteuse no último Secretario Xeral do Movemento. En abril de 1977 suprimiuse a Secretaría Xeral do Movemento e Ignacio García López continuou no executivo como ministro Secretario Xeral do Goberno, onde permaneceu ata as eleccións de xullo.

O 15 de xullo de 1977 o rei Xoán Carlos desígnao senador, e pasa a integrar o grupo de senadores da UCD. Despois de traballar algún tempo na UCD como coordinador do partido en Madrid abandonou a política. Foi un dos membros fundadores da Asociación para la Defensa de la Transición, unha organización de recuperación da memoria da Transición Española[2].


Predecesor:
Adolfo Suárez
Bandera FE JONS.svg
Secretario Xeral do Movemento

1976-1977
Sucesor:
Ministerio suprimido en abril de 1977

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]