Iglesia de San Bartolomé Apóstol (Caná)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 32°44′51″N 35°20′17″L / 32.74750, -35.33806 A Igrexa de San Bartolomé Apóstolo[1] (en hebreo: כנסיית בית ברתולומאוס השליח; en latín: Ecclesia Sancti Bartholomei Apostoli) é unha igrexa católica administrada pola orde Franciscana en Caná no actual Israel, construída en honra ao lugar onde a tradición indica que estivo algunha vez o apóstolo San Bartolomé.[2][3] A igrexa foi fundada en 1885.[4]

Bartolomeu é un dos apóstolos que segundo a Biblia estaban presentes no milagre dos peixes: "Despois disto, novamente se apareceu Xesús aos seus discípulos na beira do lago Tiberíades. E fíxose presente como segue. Estaban reunidos Simón Pedro, Tomás o Xemelgo, Natanael de Caná de Galilea, os fillos do Zebedeo e outros dous discípulos." (Xoán 21, 1-2)

Fronte á igrexa hai catro pilastras e unha xanela redonda enriba da porta do templo. No centro hai unha inscrición en latín: "DOM S NATHANAELIS BARTHOLOMAEI APOSTOLI" (que quere dicir: o apóstolo Natanael Bartolomeu). O altar álzase sobre unha plataforma elevada, e en fronte, dous pares de columnas de pequeno porte teñen capiteis corintios, ademais un baixorrelevo representa a reunión de Natanael e Filipe o Apóstolo. Adxunto hai un cemiterio pequeno.

Galería[editar | editar a fonte]

Vista interna.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kafr Kana". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2016. Consultado o 13 de outubro de 2016. 
  2. "Cana". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 13 de outubro de 2016. 
  3. "Cana of the Galilee". 
  4. "Cana". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]