Ifor ap Glyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIfor ap Glyn
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
National Poet of Wales (en) Traducir
1 de marzo de 2016 – 6 de xullo de 2022
← Gillian ClarkeHanan Issa (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaDinbych
Caernarfon Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cardiff Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , produtor de televisión , guionista Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3304980 Twitter: iforapglyn Editar o valor em Wikidata


Ifor ap Glyn, nado en Londres en 1961, é un presentador de televisión e poeta en lingua galesa.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de fala galesa. Graduouse na Universidade de Cardiff, e despois viviu en Denbighshire e Caernarfon. Presentou os programas Ar Lafar (2011)[1], The Toilet: An Unspoken History (2012) e Pagans and Pilgrims: Britain's Holiest Places (2013)[2] Traballou como produtor e guionista de televisión antes de converterse en poeta e autor teatral[3], e traballou coa compañía teatral Cwmni Dda.[4] Actuou no concerto inaugural da Asemblea Nacional de Gales en 1999, e representou o seu país dúas veces no Smithsonian Folklife Festival nos Estados Unidos de América.[5]

Foi o produtor executivo do documental Cysgod Rhyfel ("A sombra da guerra").[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi laureado como o Poeta Infantil de Gales (Bardd Plant Cymru) en 2008-2009 e gañou a Coroa do Bardo no Eisteddfod Nacional de Gales en 1999 e 2013.[7]

O 1 de marzo de 2016 Ifor ap Glyn foi nomeado Poeta Nacional de Gales.[8]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Holl Garthion Pen Cymro Ynghyd. Y Lolfa, 1991
  • Golchi Llestri Mewn Bar Mitzvah. (with Dewi Glyn Jones), 1998
  • Cerddi Map yr Underground. Gwasg Carreg Gwalch, 2001
  • Lleisiau'r Rhyfel Mawr. 2008
  • Waliau'n Canu. Gwasg Carreg Gwalch, 2011
  • Terfysg. Traducido ao galego por David Miranda-Barreiro e Phil Davies, Dorna: expresión poética galega, 37 (2014).

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Branwen
  • Frongoch

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Interview: Poet and presenter Ifor ap Glyn on his new TV series", Wales Online, 4 de xuño de 2011 (acceso o 25 de agosto de 2013).
  2. The Telegraph: Review by Ben Lawrence, 11 de abril de 2013.
  3. Literature Wales: Writers of Wales - Ifor ap Glyn Arquivado 09 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en inglés).
  4. "Poet Laureate", Northwales.co.uk (en inglés).
  5. "Smithsonian Folklife Festival 2013". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 05 de xullo de 2018. 
  6. "Ifor ap Glyn". IMDb
  7. Wales Online, "Poet Ifor ap Glyn awarded crown at National Eisteddfod", 5 August 2013. Accessed 25 August 2013
  8. "Ifor ap Glyn is appointed new national poet of Wales". BBC News (en inglés). 1 de marzo de 2016. Consultado o 2 de marzo de 2016.