Idomeneo de Lampsaco
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século IV a. C. |
| Morte | valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | filósofo, historiador, biógrafo |
| Período | Período helenístico |
| Movemento | Epicureísmo |
| Familia | |
| Cónxuxe | Batis de Lampsacus |
| Descrito pola fonte | Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, (sec:Idomeneus) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Idomeneo (en grego antigo Ἰδομενεύς; en latín, Idomeneus) foi un filósofo epicúreo grego que floreceu entre o -310 e o -270.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natural de Lampsaco e discípulo de Epicuro. Casou con Batis, irmá de Sandes de Lampsaco, outro discípulo de Epicuro.
Escribiu un número considerábel de obras filosóficas e históricas, aínda que estas últimas non foron consideradas de gran valor por Plutarco, pero seguramente daban datos interesantes, xa que estaban dedicadas á vida privada dos personaxes máis insignes de Grecia. As obras perdéronse, pero Suídas e Dióxenes Laercio mencionan os seguintes títulos:
- 1. Ἱστορία τῶν κατὰ Σαμοθρᾴκην, obra mencionada só por Suídas.
- 2. Περὶ τῶν Σωκρατικῶν (Sobre os socráticos).
- 3. Unha obra sobre os Pisistrátidas.
- 4. Unha obra sobre Temístocles.
- 5. Unha obra sobre Arístides.
- 6. Unha obra sobre Pericles.
- 7. Unha obra sobre Demóstenes.
- 8. Unha obra sobre Esquines.
- 9. Unha obra sobre Hipérides.
- 10. Unha obra sobre Foción.
Pénsase que estas obras podían formar un conxunto, cuxo título probabelmente fose ώς δὲ Ἰδομενεύς φησι περὶ δημαγωγῶν ("como fala Idomeneo sobre os demagogos").[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, William (1867). A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology (en inglés). Boston: Little, Brown and Co.