Saltar ao contido

Ideoloxía punk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un punk protesta contra o ACT! for America que se opón á política de refuxiados. Boise, Idaho en novembro de 2015.

A ideoloxía punk, dende o seu inicio tivo ideas apartidarias e a liberdade para crer ou non nun deus ou relixión calquera. Porén, por mor do tempo de existencia, o seu carácter cosmopolita e amplo, ocorreron distorsións de todas as formas, en diversos países, dando ó movemento punk unha cara parecida mais totalmente particularizada en cada país.

Por se asemellar en diversos aspectos co anarquismo (posteriormente, a principio o movemento punk era apolítico), punks e anarquistas pasaron a colaborar entre si e moitas veces participando das accións.

Pasaron entón a existir moitos punks que tamén eran realmente anarquistas, e posteriormente xurdiu o anarcopunk. Este gañou un novo rumbo con redirecionamento a unha nova militancia política, con discursos e accións máis activas, opóndose ós medios tradicionais, ó Estado, ás institucións relixiosas e grandes corporacións capitalistas.

Como a maior parte dos movementos populares, o movemento punk ten case tantas facianas como número de adeptos, mais en xeral sustentan valores como axuda mutua, anti-autoritarismo, anti-fascismo, anti-conservadorismo, anti-liberalismo, anti-globalización, anti-gentrification, anti-consumismo, descolonización, anti-racismo, anti-sexismo, igualdade de xénero, igualdade de racial, libre pensamento e non conformidade.

Existe un número extremamente pequeno de punks de ideoloxía conservadora.[1]

  1. Markprindle.com. "Billy Zoom interview" (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]