Saltar ao contido

Iddrisu Baba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIddrisu Baba
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Accra Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaGhana Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo28 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2015–2016 cesión:    RCD Mallorca B
2016–2016 CD Leganés B
2016–2018   RCD Mallorca B 29(1)
2017–2018 cesión:  Barakaldo Club de Fútbol 30(1)
2018–   RCD Mallorca 140(1)
2023– cesión:    UD Almería 19(0)
  Selección nacional Número de eventos xogados
2019–   Ghana 28(0)

Iddrisu Baba Mohammed, nado en Accra o 22 de xaneiro de 1996, é un futbolista ghanés que xoga como centrocampista defensivo no Almería, da Segunda División. É internacional coa selección de Ghana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Accra, mudouse a España moi novo e foi cedido ás categorías inferiores do RCD Mallorca en xaneiro de 2014, procedente do CD Leganés. Debutou co Mallorca B na Terceira División o 29 de agosto de 2015, nunha vitoria por 7-1 contra o Penya Ciutadella. O 23 de xuño, tras conseguir o ascenso, foi fichado polo equipo bermellon.

O 25 de agosto de 2017 foi cedido ao Barakaldo, da Segunda División B. Ao seu regreso, ascendeu ao equipo principal do Mallorca, da Segunda División, categoría na que debutou o 19 de agosto de 2018, substituíndo a Carlos Castro nunha vitoria por 1-0 ante Osasuna.[1]

O 3 de xullo de 2019, despois de contribuír con 28 partidos ao ascenso do seu equipo á Primeira División, renovou o seu contrato ata 2022. Debutou na categoría o 17 de agosto, saíndo como titular nunha vitoria por 2-1 ante o Eibar.

Na tempada 2023/24 xogou cedido no Almería, tamén de Primeira, co que acabou descendendo.[2] O 4 de xullo de 2024, o Almería anunciou a fichaxe definitiva de Baba cun contrato de tres anos.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

O 13 de novembro de 2019 foi convocado pola selección nacional de Ghana para os partidos de clasificación para a Copa de África de Nacións de 2021 contra Suráfrica e San Tomé e Príncipe. Formou parte da selección ghanesa no torneo continental, onde sufriu unha lesión no partido contra Gabón.[3]

  1. "Abdón Prats guía a un Mallorca que convence en su vuelta a Segunda" (en castelán). 19 de agosto de 2018. Consultado o 8 de outubro de 2025.
  2. "El RCD Mallorca y la UD Almería acuerdan la cesión de Baba" (en castelán). 10 de agosto de 2023. Consultado o 8 de outubro de 2025.
  3. "AFCON 2021: Baba Iddrisu ruled out of Comoros game with injury" (en inglés). 18 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de outubro de 2025.